Santiago: Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011

O domingo 9 de xaneiro, ás 20:30 h., no Teatro Principal de Santiago de Compostela, terá lugar o especial Implícate, noite de música e palabra solidaria 2011, que contará coa actuación musical de Leilía, Som do galpom e Wöyza, a danza do Centro Coreográfico Galego, o teatro con Life is a paripé, con Iolanda Muíños, César Goldi e Mos, e Quico Cadaval, e a presenza literaria de Ánxela Gracián, Lino Braxe, Marica Campo e Séchu Sende. Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luís Tosar. Organizado por Implicadas no desenvolvemento. Máis información aquí.

Ponteceso: conferencias de Sechu Sende no Outono Pondaliano

O martes 16 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Sechu Sende sobre Os prexuízos lingüísticos desde Eduardo Pondal ata hoxe. O programa completo pódese consultar aquí. Vía Fervenzas Literarias.

Ourense: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas

O venres 29 de outubro, ás 20:00 h., na Livraria Torga (rúa da Paz, 16) de Ourense, preséntase o libro Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, publicado por Xerais. No acto participan, acompañando ao autor, Marta Arribas, Sechu Sende e Manuel Bragado.

Santiago: presentacións de libros no Festigal o sábado 24 de xullo

Na Galería das Letras do Festigal 2010, que se celebrará no Campus Universitario Sul, desenvolveranse as seguintes presentacións de libros o sábado 24 de xullo:
Ás 13:00 h., presentación de Cantares Galegos, de Rosalia de Castro, adaptado polo académico da AGLP Higinio Martins. No acto intervirán tamén Héitor Rodal, Ernesto Vázquez Souza e Concha Rousia.
Ás 16:00 h., presentación de Liquilí, portal galego de cultura infantil.
Ás 16:30 h., Ugia Pedreira presenta Noente Paradise, publicado en Através Editora, da AGAL.
Ás 17:00 h., preséntase o libro Xosé Chao Rego. Renacer galego. Actas do Simposio-Homenaxe, publicado pola Fundación Bautista Álvarez, coa presenza de Francisco Fernández Rei, Bernardo García Cendán e Marcos Maceiras Eiras.
Ás 17:45 h., Séchu Sende presenta Animais!, tamén publicado en Através Editora, da AGAL.
Ás 18:30 h., Rosa Aneiros presenta Sol de Inverno, premio Xerais 2009. Neste acto intervirán Manuel Bragado e a propia autora.
Ás 19:15 h., Carlos Callón presenta En castellano no hay problema, publicado en Xerais, acompañado de Manuel Bragado, Alba Nogueira e Caetano Díaz.
Ás 20:00 h., Goretti Sanmartín presenta o libro, coordinado por ela, Lingua e futuro, publicado en Laiovento.
Ás 20:45 h., Artur Alonso Novelhe presenta Filhos da brétema, publicado en Galiza Editora.
Ás 21:30 h., Moncho Iglesias presenta Tres cores: azul, publicado en Estaleiro, acompañado de Vítor Suárez e Samuel Solleiro.
E, por último, ás 22:00 h., Luis Villares presenta Estudos xurídicos sobre o Decreto do plurilingüismo, publicado en Laiovento.