Desde Galaxia:
“No día de onte reunido telematicamente o xurado da IV Edición do Premio de Novela da Galicia Rural convocado Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaria Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, composto por Tania Vázquez García, Armando Requeixo Cuba, Óscar Reboiras Loureiro, Alba Gil Vicente, Marcos Calveiro e, como secretario en nome do concello de San Xoán de Río, con voz pero sen voto, Miguel García-Fernández, acordou por maioría de votos conceder o premio a obra presentada baixo o título Nacional 547.
Unha vez aberta a plica resultou da autoría de Xosé de Cea, nado en Barcelona en 1970, quen exerce a escrita en diversos ámbitos como poesía, narrativa e xornalismo. (…)
En palabras do propio autor Xosé de Cea, “Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en hemorraxias de arela e frustración a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna dende Barcelona cos seus pais a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, irá descifrando a existencia na procura de redención grazas aos códigos achados na amizade e na traizón, no sexo e no desamor, nas drogas, na violencia, na soidade, na literatura, no rock… Un relato iniciático adubado con pornografía, heavy metal e Goma 2 que non deixará indiferente a ninguén.””
Arquivos da etiqueta: Secretaría Xeral da Lingua
Bases do VII Concurso Literario Letras Galegas 2026 Mesa das Verbas
Bases do V Premio Simbad de Literatura Infantil para o Recordo e o Alzhéimer
Bases do VI Certame de poesía Respira!
A Xunta e Galaxia anuncian a obra ‘A arte de non morrer’ como gañadora do premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
Desde a Xunta de Galicia:
“A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, do médico Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega.
Así se anunciou o 29 de decembro nunha rolda de prensa na que o secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou esta distinción “como a máis relevante e de maior trascendencia neste xénero do ensaio para a nosa lingua”. Ademais, fixo fincapé na temática abordada, a da lonxevidade, puntualizando que “vai ter unha contribución moi útil a nivel científico e divulgativo”. Neste senso, tamén resaltou a profesión do autor “porque ao longo da nosa historia son moitos os médicos que forman parte do noso acervo cultural”.
Deste xeito, o xurado destacou sobre o texto premiado a súa capacidade para achegar un tema de actualidade como é o da esperanza media de vida e a lonxevidade social, explicando estas realidades desde un fondo coñecemento médico especializado que afonda no bioquímico, na tecnoloxía dos alimentos e na vida saudable. Así mesmo, tamén se salientou como se relaciona ese saber coa cultura socializada e as citas de autoridade literarias e artísticas, así como a fundamentación antropolóxica, filosófica e sociolóxica.
O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia durante o próximo ano.
Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967) é un médico e escritor galego. Como autor literario foi distinguido no ano 2022 co Premio Blanco Amor pola súa novela A inmoral doutora Cons. Como ensaísta, recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2017 pola súa monografía Enfermos pobres, médicos tristes. (…)”
Luís Rei Núñez faise co II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela coa súa obra Elas dúas
Encontro Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano, con Raquel Castro
Compostela: “Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano”, con Raquel Castro, o 4 de novembro

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
O 4 de novembro terá lugar este encontro:
– Santiago. O 4 de novembro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano, por Raquel Castro, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos dous casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
A AELG colabora con esta actividade da Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
Lugo: Conversa con Antía Yáñez, o 30 de outubro

Esta actividade enfócase como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, dado que desde 2020 non se levaron a cabo no seu formato habitual anterior.
Está orientada á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador/a, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.
Terán lugar estes dous encontros:
– Lugo. O 30 de outubro, ás 14:00 horas, na Aula 1 da Facultade de Formación do Profesorado (Campus Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela: Conversa con Antía Yáñez, presentada por Rocío García-Pedreira.
– Santiago. O 4 de novembro, de 19:00 a 20:30 horas, na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) da Universidade de Santiago de Compostela: Conferencia Ensinar co teatro ou ensinar teatro: diante e detrás do pano, por Raquel Castro, presentada por Marta Neira Rodríguez.
Nos dous casos, a entrada será libre até completar a capacidade.
A AELG colabora con esta actividade da Universidade de Santiago de Compostela, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
Vigo: Abrazar coas palabras, conferencia e coloquio con Charo Pita
Abrazar coas palabras é o título da conferencia que ofrecerá Charo Pita o 30 de outubro, a partir das 10:30 horas, ao alumnado da Escola Universitaria CEU de Maxisterio (Estrada de Madrid, 8, en Vigo).
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.












