Arquivos da etiqueta: Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)
Vilaboa (Culleredo): presentación de Señardade da luz, de Miguel Mato
O mércores 25 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Uxío Novoneyra (Pazo de Vilamelania, Vilaboa, Culleredo) preséntase o libro Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, publicado pola A. C. Alexandre Bóveda. No acto acompañarán ao autor Carlos Pereira e Celestino Poza.
A Coruña: Festa do Libro, actividades do domingo 15 de maio
Prosegue esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da cidade, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o domingo 15: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
* Domingo 15:
– 12:00 h.- Obradoiro “Creación dunha personaxe: Golfiño”, realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
– 12:30 h.- Presentación de “Agullas de ironía”, documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso.
– 13:30 h.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 18:00 h.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero “Rapazas, las pin-up de Pinturero” (Editorial Dibbuks). No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Sinaturas do libro “A Frecha Azul do Teixo” por parte de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 18:30 h.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario “Animalabismo”, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 19:00 h.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil “A historia xamais contada“, “La mancha negra” e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 19:00 h.- Presentación da revista “Fiz” (Retranca Editora), por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- Presentación do libro de Miguel Mato “Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)”, publicado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, con Alberte Ansede, Roberto Catoira e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
Miguel Mato: Señardade da luz
Entrevista a Miguel Mato sobre o seu libro Señardade da luz en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Xa ó principio do libro afirmas que tanto a visión labrega, como a etnográfica ou a política da obra de Manuel María, son reducionistas, pois o poeta era todo a un tempo e moito máis…
– Miguel Mato (MM): Na literatura galega houbo moitas veces opinións moi mediatizadas politicamente. E tamén hai unha tendencia a explicar a obra de Manuel María, como lle pasou a Ánxel Fole, desde unha perspectiva etnográfica, ruralista… Toda definición vai ser reducionista. É poeta da terra, si, pero tamén amosa unha elevación estética, unha vontade de estilo. Tamén é político, non só ruralista… Pero eu non creo no tópico do poeta da patria: era un bo poeta, e iso é o máis importante. (…)
– GH: O pesimismo era nel unha actitude vital e estética, apuntas. A angustia do mundo, o desacougo… Pero por outro lado celebraba a natureza, as pequenas cousas… e niso amosaba un vitalismo contraditorio con ese fatalismo…
– MM: Todos somos contraditorios. O pesimismo de Manuel María ten que ver coa súa biografía: perdeu a seu pai de novo… Despois foi o desacougo ante o que estaba a pasar en Galicia… Manuel María pertence a unha xeración que agardaba uns cambios que non se produciron. Por iso o sentimento de desencanto… Tamén miraba a espiritualidade das cousas, dos obxectos pequenos, contemplaba a marabilla dos pequenos obxectos… A súa era unha visión cósmica, panteísta. (…)
– GH: Creo que non o agradaba moito o culturalismo dos 80, aínda que este é un tópico que se está aínda a revisar. Que cres ti?
– MM: A verdade é que eu nunca lle escoitei diatribas sobre iso. Si, claro, el era un poeta comprometido, que cría na función social da literatura. E tamén era unha persoa culta… Dixo Cáccamo que o culturalismo só pode molestar os incultos. Ademais, eu creo que todo vai unido, o culturalismo é unha visión do mundo…”
A Coruña: presentación de Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato
O xoves 3 de febreiro, a partir das 20:30 h., no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre, preséntase Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, editado pola A. C. Alexandre Bóveda, que comeza con este libro as súas publicacións.