Arquivos da etiqueta: Universitat de Barcelona
Barcelona: conferencia “Contra os moldes sexuais normativos”, con Lorena López e Daniel Ferrández
Barcelona: recital poético-musical Tempo de Exilio, con Isaac Xubín e Ruper Ordorika
Barcelona: recital poético 800 anys d’Alfons X
Barcelona: Exposición Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero
Pode accederse aquí.
Barcelona: “Literatura fantástica en Galicia”, conferencia de Fernando M. Cimadevila
Barcelona: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Barcelona: Xornada 20 anos de Estudos Galegos coa Dra. Sabela Labraña
O feminismo recupera A Saia para a súa hemeroteca na rede
Desde Sermos Galiza:
“De marzo de 1982 a xaneiro de 1983 publicouse en Compostela A Saia, a primeira revista feminista integramente en galego que botaban a andar desde o Colectivo Feminista Independente Galego. Máis de trinta anos despois, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega toma o mesmo nome para titular a Hemeroteca Feminista Galega que vén de poñer na rede na que se incorporan números íntegros de revistas de referencia no movemento como a propia A Saia ou Andaina e a Festa da Palabra Silenciada.
En colaboración co Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega recupera e difunde a través da rede relevantes materiais, de maneira especial as propias publicacións, do movemento feminista, nun proxecto coordenado por Helena González e Mariam Mariño. Recupéranse así textos, publicacións e debates esenciais para construír a historia do feminismo galego e do propio país ademais e textos e traballos descoñecidos de diversas autoras e protagonistas do movemento. (…)”