Arquivos da etiqueta: Vidas e historias LGBT da Idade Media
Carlos Callón, profesor: “A persecución dos homosexuais non é de sempre, comeza nos últimos séculos da Idade Media”
Entrevista de Yago Gantes a Carlos Callón en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Que che levou a investigar sobre a realidade LGBT na Idade Media? Esperabas atopar o que descubriches?
– Carlos Callón (CC): Esta investigación foi unha descuberta que me tocou especialmente. Porque primeiro pensaba que só ía atopar críticas contra a homosexualidade, porque era o que tiña escoitado. Pero conforme fun lendo textos e máis textos, vin que o que se nos presentaba era un panorama máis diverso, con moitos ángulos ensombrecidos. Foi un gran combustible para seguir investigando.
– LVG: Afirmas no libro que nos primeiros anos da Idade Media a percepción da homosexualidade era distinta á actual. Como se explica esa diferenza?
– CC: Non podo dar unha resposta única. A Idade Media son mil anos de historia. E nese tempo houbo unha época onde a escolla do obxecto sexual non era decisiva até que no século XI aparece a palabra sodomía no concepto de pecado. E isto é moi interesante. Nos primeiros mil anos de historia do cristianismo nin existe o pecado do que hoxe podemos chamar homosexualidade. E chamoume moito a atención. Eu crieime nun colexio de monxas, nunha familia católica, e eu pensaba que era un pecado terrible. (…)”
O Porriño: actividades do 31 de maio na Feira do Libro 2025
Moaña: presentación de Vidas e historias LGTB da Idade Media, de Carlos Callón
Lugo: actividades do 13 de maio na Feira do Libro 2025
Lugo, Ferrol, Artes (Ribeira) e Miño: presentacións de libros de Carlos Callón
Vilalba: presentación de Vida e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón
Lugo, Compostela, Catoira, Silleda e Vilalba: presentacións de libros con Carlos Callón
Carlos Callón: “Hai documentos que nos din moi alto e claro que a diversidade afectiva e sexual existiu ao longo da historia”
Entrevista a Carlos Callón no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Antes de saír do prelo xa causou un maremoto nas redes sociais. Vidas e historias LGBT da Idade Media, de Carlos Callón, estuda e analiza textos literarios, históricos e legais do medievo para descubrimos unha época máis diversa e tolerante do que podíamos supoñer. Describe unha Idade Media onde había mulleres emparelladas, homes que xuraban lealdade por vida a outros homes e mesmo santos trans. A entrevista pode verse aquí.”