Entrevista de Ubaldo Cerqueiro a Tito Pérez en Xornal da Coruña:
“(…) – Xornal da Coruña (XC): Dende cando escrebes?
– Tito Pérez (TP): De pequeno, con 14 anos, cos trobadores Martín Codax, comecei a escribir poemas de amor á típica rapaza que pasaba de ti… Despois xa na carreira empecei a escribir relatos, xa nalgún dos primeiros gañei un premio, e a partir de aí funme animando, a escribir, presentarme…
Eu escribía sobre todo relatos, e algo de poesía. Publiquei o primeiro libro de relatos, despois o segundo, e agora a miña primeira novela.
Por agora, publicando gaño poucos cartos, pero cos premios algo se fai.
– XC: Como nace Latexar de barrio. Vivencias e conflitos na sociedade real dun barrio? Levaba tempo fraguándose na túa cabeza?
– TP: Escribino a raíz dos primeiros 20 relatos realistas. Todo están ambientados na nosa sociedade. Non é que sexan nas rúas de Coruña. Hai algún por exemplo, que se dan nunha casa, con problemáticas de aquí.
O caso é que un dos 20 relatos do primeiro libro chámase “Latexar de Barrio”, e é un percorrido dende a praza de España ata casa dos meus pais. O protagonista chámase Curros (sabes que Curros está enterrado no cemiterio) e va contando o que ve.
Intento describir a sociedade galega e os seus conflitos, no caso de ser lido, que a sociedade reflexione para mellorarse. Intento non caer no panfleto, pero ten unha intención clara. Eu non xulgo, describo -o que fan, e que cada un saque as súas conclusións.
A novela O grupo vai sobre o bulling, por exemplo, cunha intención clarísima, das cousas reais e frecuentes. (…)”
Arquivos da etiqueta: Vinte fragmentos de mocidade voraz
Lugo: presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez
Entrevista a Tito Pérez Pérez en Radio Obradoiro
Desde Radio Obradoiro:
“Entrevista a Tito Pérez no programa O sombreiro de Merlín, de Radio Obradoiro, centrada no seu libro Vinte fragmentos de mocidade voraz, o sábado 3 de decembro. Pode escoitarse aquí.”
Sada: presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez
O venres 2 de decembro, ás 20:30 horas, no Omix de Sada (Avenida da Mariña, 62), preséntase o libro Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez, publicado por Toxosoutos. No acto, organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, participa, xunto ao autor, José Erre.