Pontevedra: “Recordando a Miguel Suárez Abel”

O mércores 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa das Campás-Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9- 11), terá lugar a homenaxe “Recordando a Miguel Suárez Abel”, organizada polo Ateneo de Pontevedra, e que contará coas intervencións de Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Juan Otero, Anxo Ricón e Xaime Toxo.

Compostela: presentación de Protexer o invisible, de Xaime Toxo

O14642456_1765902493664913_1992451862718828886_n xoves 24 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Chan da Pólvora (Rúa San Pedro, 74), terá lugar a presentación do libro de narrativa Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Bieito Iglesias e Antón Sobral.

Pontevedra: relatorio arredor de Protexer o invisible, de Xaime Toxo

O14642456_1765902493664913_1992451862718828886_n venres 14 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), terá lugar un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola Editorial Ancoradouro. No acto participan, xunto ao autor, Xosé Leal, Ramón Rozas, Antón Sobral, Carmen Quinteiro e Jonathan Balbuena. Organizan, xunto á editora, o Ateneo, a Deputación e o Museo de Pontevedra.