O
luns 23 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, o Ateneo desta cidade organiza a presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María, realizado por Manuel Anxo Méndez Fraguas, e editado e producido pola Agrupación Cultural Nós, coa colaboración do Concello de Moaña. No acto interveñen, xunto ao autor, Xaime Toxo e Xesús Cancelas. A obra contén unha presentación sobre a relación de Manuel María coa vila de Moaña na que realizou dous recitais de poesía e na que ten un paseo co seu nome por acordo unánime da Corporación Municipal.
Arquivos da etiqueta: Xaime Toxo
Pontevedra: performance poética Nómades
Pontevedra: mesa redonda sobre o libro A Galicia urbana
O
mércores 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal), o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais organizan unha mesa redonda arredor do libro A Galicia urbana, coordinado por Rubén C. Lois e Daniel Pino, quen participarán no acto xunto a Manuel Bragado e Xaime Toxo.
Pontevedra: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
Padrón: charla e recital poético sobre Rosalía de Castro
Pontevedra: presentación de Apoteose das perchas, de Xesús Constela
Pontevedra: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O venres
6 de marzo, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), terá lugar a presentación do libro Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Galería, a editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.
Pontevedra: festival PontePoética 4, do 27 ao 29 de xuño
Pontevedra: presentación de Estrela do norte, de Luís Rei Núñez
Pontevedra: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
xoves 27 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, preséntase Cadeas, de Xabier López, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Ramón Rozas, Xaime Toxo e Manuel Bragado.





