O Concello de Melide, a través da Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística, organiza na fin de semana do 7 e 8 de agosto de 2010 a III Feira do Libro no Camiño, na que participan as librerías Vitorio e Parrado de Melide, xunto con Como unha novela, Pedreira e L de Santiago, Brañas de Carballo, A´Nova e Zampacontos de Ourense e a librería Alicomic da Coruña, especializada en banda deseñada. O horario de apertura dos stands será de 11 a 14 h. polas mañás e de 17 a 21.30 h. polas tardes. A programación da feira inclúe tamén outras propostas culturais.
SÁBADO, 7 DE AGOSTO
10.30 h. Inauguración da Feira.
11.00 h. Agrupación folclórica.
11.00 h. Obradoiro de plástica con Ánxeles Penas.
12.00 h. Pregón a cargo de Uxío Novoneyra (fillo do ilustre escritor homenaxeado nas Letras Galegas).
13.00 h. Conferencia a cargo de Xavier Alcalá: Viaxes, crónicas e novelas.
18.00 h. Actuación musical de Os Bolechas” con Caramuxo Teatro.
19.30 h. Presentación do libro Os nosos nomes. Glosario de antroponimia galega do autor Joaquim Vázquez.
21.15 h. Sorteo de libros.
DOMINGO, 8 DE AGOSTO
11.00 h. Obradoiro de construción de monicreques con Babaluva Teatro.
12.00 h. Sinatura de libros a cargo do escritor arzuán Pablo García Martínez
13.00 h. Conferencia a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo: Xosé María Álvarez Blázquez: a paixón das orixes.
17.00 h. Presentación do libro Antonte na miña aldea, do escritor comarcal Sergio Villamor.
18.00 h. Obra de teatro Varietés, da compañía Seisdedos.
19.30 h. Presentación do libro Máis vidas do autor Xosé Vázquez Pintor, coa participación da cantareira Begoña Lorenzo acompañada do músico Iago Mouriño.
21.15 h. Sorteo de libros.
21.30 h. Peche da feira. Concerto de Mini e Mero.
«Onte soubemos que o título da novela gañadora do Premio Planeta, de autoría de Ángeles Caso, é Contra el viento, exactamente o mesmo que o da edición en castelán de Cárcere verde, a novela que, levemente retocada, se atopa no interior de Tertúlia como obra que funciona como suposto plaxio. Recomendacións de críticos e insistencia de editores levaron o autor a extraer un texto que nada ten na realidade de plaxio. Tres son as compoñentes principais da narración: a fábula –con probable base histórica– da Cidade dos Césares oculta na selva, a descuberta –publicada pola revista National Geographic– de restos dunha elevada cultura ao Abrigo do Sol amazónico e a experiencia persoal de Xavier Alcalá nos laberintos da xungla. Documentación científica e lecturas da narrativa amazonista completaron as bases dun clásico de aventuras –fulgor de diamantes, cobiza e morte– que forma parte do ciclo americano de Alcalá.”» (
A
«Guitiriz acolle o vindeiro 5 de setembro o XVI Encontros na Terra Cha, que este ano están dedicados a