Arquivos da etiqueta: Xosé Abilleira Sanmartín
Pontevedra: encontro sobre “Situación e futuro da prensa en Galiza”
Pontevedra: presentación de Unha historia da arte galega, de Xosé Carlos López Bernárdez
Pontevedra: presentación de A árbore que dá as lágrimas de Shiva, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Vigo: presentación de Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)
Pontevedra: presentación de As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias
Evaristo de Sela ou Homero en galego, vinte anos após a súa morte
Artigo de Xosé Abilleira Sanmartín en Sermos Galiza (a fotografía é dese mesmo medio):
“Cúmprense este 28 de xuño vinte anos da morte do poeta, profesor e tradutor Evaristo González, máis coñecido por Evaristo de Sela. Figura fundamental no mundo da tradución, a obra de Homero chega á nosa lingua da súa man. (…)
Todo un universo que dá como resultado inquedanzas e creación: unha descuberta do país, Galiza; unha obra literaria, os dous poemarios Amar (Vigo, 1945) e o póstumo Versos de preso e outras rimas (2007); unha dedicación, a docencia, o grego. Unha definición: a entrega á cultura mediante, sobre todo, a tradución.
Sobre isto último quero pararme algo. Evaristo de Sela, poeta, profesor, é, fundamentalmente, o tradutor de Homero ao galego. Pensemos no que iso supón. E contextualicemos non só atendendo a biografía e circunstancias penosas que sofriu o noso autor, senón tamén cavilando a clave nacional do feito: aportar para Galiza a Iliada e a Odisea no noso idioma. Unha tarefa inxente, referencial. A consciencia dunha necesidade. Unha contribución clara a favor do país, da súa cultura, da súa lingua, nas coordenadas conflitivas que o marcan. Comparábel en dimensión, por exemplo, a fitos como o colectivo da Biblia na editorial SEPT ou o do Fausto de Goethe a cargo de Lois Tobío. Unhas traducións senlleiras dende o coñecemento do orixinal (neste caso, o mundo homérico, a lingua grega). Non son paráfrases, polo tanto, como resultaron tantas versións dalgunhas literaturas (pensemos, así, na rusa que lemos dende o francés, v. g. Tolstoi, Gorki, Dostoievski). Son os resultantes textos completos e fidedignos, e non amputacións nin deturpacións (lembremos que pasou con tantas versión de Aristófanes, Lucrecio, Petronio, etc). (…)”
Pontevedra: presentación de Do idilio á diáspora, de Xosé Carlos López Bernárdez
O martes 12 de xuño, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Oliva) de Pontevedra, preséntase o libro Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, de Xosé Carlos López Bernárdez, publicado en NigraTrea. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Abilleira e Fernando M. Vilanova.