
Arquivos da etiqueta: Xosé María Vila Ribadomar
Presentación de Luz de seu, de Xosé María Vila Ribadomar, en Cambados
Cambados: actos destacados do 22 de xuño na Feira do Libro 2019
O
22 de xuño finaliza a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 11:30 h. Ramón Caride asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 12:30 h. Antonio Magariños asina A escola do convento na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 18:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
– 19:00 h. Presentación-recital de Street Poems, de Fran Alonso, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación de Memoria da represión franquista en Cambados, publicado polo Concello de Cambados. Participan Víctor Caamaño, Tino Cordal e Quico Paz Antón.
– 21:00 h. Mesa redonda O Cambados da miña obra. Con Miguel Anxo Fernández, Sabela Pillado e Xosé María Vila Ribadomar.
Cambados: actos destacados do 20 de xuño na Feira do Libro 2019
O
20 de xuño continúa a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación da revista Cen Follas de artes e letras, da Asociación Cen Follas. Participan Bea Laya, José Vaamonde, Víctor Caamaño, Xosé María Vila Ribadomar e Juan Carlos Vázquez, representante da bodega Carballal.
– 20:00 h. Presentación de As nosas letras de Muller a Muller, de María Eiras. Participa Maribel Iglesias Baldomero.
Parlamento das Letras: Xosé María Vila Ribadomar
Entrevista
de Armando Requeixo a Xosé María Vila Ribadomar no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo: ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Xosé María Vila Ribadomar (XMVR): O que lle sobran aos posibles lectores son prexuízos e o que falta, máis xeralmente, é unha formación galeguista, nun sentido mesmo enciclopédico, da lingua como posibilidade social e vivencial. Nada lle sobra, non, fáltanlle lectores. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– XMVR: Talvez non haxa presente na literatura, só pasado e futuro —sonche un chisco peliculeiro, no bo sentido tamén. (…)”
