Antía Veres gaña o premio de tradución Plácido Castro con Unha muller perdida, de Willa Cather

Desde Sermos Galiza:
Unha muller perdida, a tradución galega da orixinal A Lost Lady, de Willa Cather, foi o traballo premiado polo xurado na XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución. A edición en galego, publicada por Hugin e Munin, é obra de Antía Veres.
O xurado valorou especialmente a capacidade de recreación da autora así como o acerto do uso dun galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera orixinal da novela.
Ademais, chamou a atención sobre a significación da autora e a obra elixidas, inédita ata agora no noso sistema literario, que gozou sempre de amplo recoñecemento tanto nos Estados Unidos como a nivel mundial. (…)
O xurado desta edición do premio Plácido Castro estivo integrado por Olga López (Xunta), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo), Víctor Caamaño (Fundación Plácido Castro), Xulio Ríos (IGADI) e Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega).”

Cambados: actos destacados do 22 de xuño na Feira do Libro 2019

O 22 de xuño finaliza a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

11:30 h. Ramón Caride asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
12:30 h. Antonio Magariños asina A escola do convento na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
18:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
19:00 h. Presentación-recital de Street Poems, de Fran Alonso, publicado por Xerais.
20:00 h. Presentación de Memoria da represión franquista en Cambados, publicado polo Concello de Cambados. Participan Víctor Caamaño, Tino Cordal e Quico Paz Antón.
21:00 h. Mesa redonda O Cambados da miña obra. Con Miguel Anxo Fernández, Sabela Pillado e Xosé María Vila Ribadomar.

Cambados: actos destacados do 21 de xuño na Feira do Libro 2019

O 21 de xuño continúa a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

18:00 h. Concerto-presentación de Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
18:00 h. Sindo Mosteiro asina exemplares de A torre e a sombra, na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
19:15 h. Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza, de Pepe Barro, publicado por Xerais. Con Víctor Caamaño.
19:30 h. Ledicia Costas asina exemplares de Infamia na caseta da Libraría Cartabón.
20:00 h. Presentación de Singamia 1.1, de Ramón Caride, publicado por Xerais. Coa participación do ilustrador Manuel Bustos.
20:00 h. Maribel Iglesias asina exemplares de Asorey, escultor galego na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
21:00 h. Presentación de Por puntos, de Manuel Portas, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor estará Francisco Martínez Bouzas.

Cambados: actos destacados do 20 de xuño na Feira do Libro 2019

O 20 de xuño continúa a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Presentación da revista Cen Follas de artes e letras, da Asociación Cen Follas. Participan Bea Laya, José Vaamonde, Víctor Caamaño, Xosé María Vila Ribadomar e Juan Carlos Vázquez, representante da bodega Carballal.
20:00 h. Presentación de As nosas letras de Muller a Muller, de María Eiras. Participa Maribel Iglesias Baldomero.

Cambados: presentación de Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa, de Francisco Fernández Rei

OFrancisco Fernández Rei Ramón Cabanillas xoves 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio da Xuventude de Cambados, terá lugar a presentación do libro Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa, de Francisco Fernández Rei, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Concellería de Cultura do Concello de Cambados e a editora, participan Víctor Caamaño, Emílio Xosé Ínsua, Xoán Silva e Blas, cantautores; Anaír Rodríguez, editora do libro e o propio autor.