Arquivos da etiqueta: Xulia Nogueira
Este sábado 2 de abril, Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito
A Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito, é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a Consellaría de Cultura e a colaboración do Concello de Mondoñedo.
A AELG propón visitar Mondoñedo cunha nova Polafía, que terá como tema central a figura de Manuela Rey. Nacida en Mondoñedo en 1842, esta actriz tivo unha carreira rápida e brillante, ata converterse nunha das principais figuras da interpretación en Portugal. Morreu de tifo cando o éxito máis lle sorría, con só 23 anos. Cando era unha nena pasa por Mondoñedo unha compañía dramática itinerante que se hospeda na fonda na que traballaba súa nai, viúva e con dez fillos. Manuela conquista aos comediantes que lle propoñen levala en adopción. Con só seis anos subiu aos escenarios recitando versos e facendo pequenos papeis.
Aínda que hai outras versións da súa traxectoria, parece que Manuela chegou a Lisboa en 1856 formando parte dunha compañía de teatro ambulante. Pouco a pouco gaña prestixio. En 1859 xa figura nunha listaxe de biografías de actores e actrices destacadas de Portugal e Brasil que se ía publicar baixo o título Galería artística, da autoría de Machado, Andrade e Ferreira. Ademais de actriz, escribiu algunhas obras, así como cartas, escritos filosóficos e apuntamentos autobiográficos.
Aquí pode verse este artigo de Antonio Reigosa, Manuela Rey, a muller lirio. E nesta ligazón pode verse o vídeo pendurado no perfil de facebook do propio Antonio Reigosa.
Polafía en Mondoñedo: Manuela Rey, memoria dun mito, o sábado 2 de abril