“O escritor compostelán afincado en Bruxelas Xavier Queipo é un dos elixidos para representar a poesía urbana da cidade belga dentro do festival da comunidade flamenga, Gulden Ontsporing, que comezará o vindeiro 11 de xullo. Queipo é un dos catro poetas de diversas linguaxes e culturas seleccionado para formar parte dun colectivo de poesía urbana representativo desta cidade no que tamén están un flamengo, un francés e un marroquí. Este colectivo de poetas urbanos multicultural fará cinco recitais ao ano comezando este 11 de xullo, cando lerán en público na institución cultural de Buren os seus poemas, entre os que haberá un creado para a ocasión.” (culturagalega.org)
Arquivos mensuais: Xullo 2007
Eduardo Estévez na Galería Sagadelos d’ A Coruña
O martes 10 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Eduardo Estévez nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
César Antonio Molina, novo Ministro de Cultura
A AELG entrega a súa “Letra E” ao dramaturgo Manuel Lourenzo
“Os actos de homenaxe, que nos levarán a este val da Mariña de Lugo, terán lugar o domingo 8 de xullo, a partir das 11:30 da mañá e conforme o programa de actos que se pode ver aquí. […] A filosofía da homenaxe é a de honrar escritores e escritoras cunha dilatada carreira literaria que suscite o consenso de todos en canto á súa valía. Quere ser unha homenaxe que goce da presenza do homenaxeado/a contando coa súa implicación persoal durante a organización. Busca tamén a complicidade dos veciños e autoridades locais da que o escritor/a considera a súa terra, neste caso o Val do Valadouro, que abarca os concellos de Alfoz e O Valadouro.” (AELG)
A Nosa Terra celebra o seu primeiro centenario
“Tres exposicións e a edición dun libro conmemoran o primeiro centenario do nacemento da publicación A Nosa Terra. O delegado de edición, Xosé Fernández Puga, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co que pretenden facer un percorrido polos cen anos desta cabeceira.” (Xeración Web)
“Política en galego dise pacto”, de Bieito Rubido, presentarase no Ámbito Cultural de El Corte Inglés
O libro Política en galego dise pacto, de Bieito Rubido, será presentado no Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Será:
-N’ A Coruña o venres 6 de xullo, ás 20:00 horas. Intervirán Mar Barcón, Enrique Tello e Carlos Negreira, ademais do autor.
-En Santiago o luns 9 de xullo, ás 20:00 horas. Intervirán Marta Álvarez-Santullano, Néstor Rego e Xerardo Conde Roa, ademais do autor.
Presentación en Compostela do “Catálogo de literatura infantil e xuvenil” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez
O martes 10 de xullo, ás 12:30 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural O Ensanche (Frey Rosendo Salvado, 14-16 baixo, Santiago de Compostela), terá lugar o acto de presentación do Catálogo de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. (GÁLIX)
Manuel Rivas e o colectivo Polaqia estarán n’ A Coruña
Presentación en Celanova d’ “O ourego e o compás”, de Baldo Ramos
Presentación n’ A Coruña do nº 8 da revista “Criterios”
O día 11 de xullo, mércores, terá lugar a presentación do número 8 da revista de pensamento Criterios no Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 19:00 horas. No acto intervirán Antonio Campos Romay (Presidente da Fundación IEPS), Manuel Peralbo Uzquiano (Vicerrector de Calidade e Harmonización Europea, director da revista), un representante da Fundación Caixa Galicia, Carme Adán Vilamarín (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia), e José María Barja Pérez (Rector Magnífico da Universidade da Coruña).