O Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…., repartíndose cartazes e indicacións para informarse sobre ela ou acceder á súa obra. Con cada muller reséñanse os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma. Este mes de febreiro centrarase en María Reimóndez.
Arquivos mensuais: Febreiro 2012
Abre Praza
“Un novo medio abre hoxe en Galicia. Praza Pública salta á rede buscando dar unha nova voz informativa na nosa lingua e centrada na nosa realidade. Para alén da aposta editorial, o proxecto busca, nestes tempos de crise, un novo modelo de funcionamento, baseado no compromiso cos lectores. Novagalicia Banco, a incineradora do Irixo ou as últimas entrevistas a Díaz Pardo abren o pano no primeiro día do medio.
(…) Sae co nivel de contidos co que contará a edición dun día calquera, segundo asegura o director do medio, Marcos Pérez Pena. “O groso do proxecto máis estritamente xornalístico está en marcha. Saímos cun nivel de publicación como o que teremos nun día normal”. Faltan unicamente por implementar as partes máis sociais do proxecto. Unha redacción fixa de dimensións reducidas, composta na actualidade por tres persoas, o propio Pérez Pena, Lara Graña e mais David Lomba apoiado por aproximadamente unha decea de colaboradores estables a nivel informativo, entre os que apuntan os nomes de Rosabel Candal, Marga Tojo, Alberto Ramos, Montse Dopico, Miguel Pardo, Belén Puñal, Laura Ruíz, Rebeca Fernández, Marcos Sueiro ou Roberto Noguerol. A eles sumaranse aínda colaboracións concretas “Contactamos cunha rede bastante ampla, porque hai moitísimos xornalistas que non teñen traballo ou están a a traballar como freelance para medios onde non poden elaborar a información que quererían. Saímos con xente que, non por casualidade, participou en proxectos como Vieiros, A Nosa Terra, Galicia Hoxe ou Xornal“, lembra o director. Canda a isto, o medio aposta por un nutrido cadro de colaboradores de opinión, no que se atopan un bo feixe de nomes de peso canda a plumas novas. (…)”. Desde Cultura Galega.
“Diminúe o número de títulos editados en Galicia, segundo o ISBN”
“Os datos da Federación de Gremios de Editores de España sobre os títulos rexistrados na Axencia Española do ISBN revelan un descenso nas cifras da edición galega. Deste xeito, no noso país editáronse en 2011 un total de 2.996 obras, o que supón o 2,9 % do conxunto do Estado. Fronte a isto, os datos de 2010 cifran en 4.754 os títulos editados en Galicia, o que suporía un descenso de 1.700 títulos que, ademais, crebaría a tendencia crecente dos últimos anos. De xeito paralelo, as 1.855 obras que saíron editadas na nosa lingua supoñen tamén un descenso fronte ás 2.544 do ano anterior, segundo os datos achegados polo Ministerio de Cultura a partir do mesmo rexistro.” Vía Cultura Galega.
Pontevedra: presentación de Extramunde, de Xavier Queipo
O xoves 2 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, Edicións Xerais e o Ateneo de Pontevedra organizan a presentación de Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de novela de 2011. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.
Santiago: Conversa com Ondjaki
A Coruña: tertulia Isaac Díaz Pardo, in memoriam, con Xosé Ramón Barreiro
O xoves 2 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, proseguen as tertulias mensuais Os Xoves da Rúa Tabernas, cunha nova edición baixo o lema Isaac Díaz Pardo, in memoriam, onde participará Xosé Ramón Barreiro, académico numerario da Real Academia Galega e presidente da mesma entre os anos 2001 e 2009.
Ourense: conferencia Do contar da oralidade ás narracións breves de Carlos Casares, por Camiño Noia
O xoves 2 de febreiro, ás 20:15 horas, na Aula de Cultura (Rúa Lamas Carvajal, 5) do Liceo de Ourense, dentro dos Encontros Literarios: Contando historias desta entidade, terá lugar unha conferencia de Camiño Noia baixo o título Do contar da oralidade ás narracións breves de Carlos Casares.