Desde a Deputación da Coruña:
“Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa é o título da obra gañadora da XII Premio de Ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña. O seu autor, Martín Fernández Calo (Porto do Son, 1990), reivindica a Galiza antiga como suxeito historiográfico de seu. Gaña un premio de 6.500 € e a publicación da obra é o que recibirá o autor.
Un xurado composto por Xurado, Miguel Anxo Seixas Seoane, Rebeca Baceiredo Pérez, Iria Veiga Ramos, e os gañadores da edición anterior Raúl Sotelo Vázquez e José Manuel Vázquez Lijó ademais do deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz como secretaria escolleron a obra de Martín Fernández Castro da que destacaron o seu rigor e claridade expositiva.
“A investigación amosa unha profunda e rigorosa análise da institución de principes na Callaici da Antigüidade, cun amplo marco comparativo no eido xeográfico europeo. É singularmente meritoria dadas as dificultades da interpretación social do rexistro material de época castrexa”, apunta o fallo do premio que destaca tamén que “a tese dunha xefatura indíxena (asimilable ao concepto de princeps gentis) prerromana que persiste en época de Xulio-Claudia, descansa nunha sólida argumentación teórica, grazas á lectura científica do limitado corpus epigráficos, dun rico abano de clásicos latinos e de copiosas e pertinentes referencias bibliográficas (galegas, españolas e estranxeiras)”.
O xurado apunta ademais que o estudo está moi ben redactado e é moi preciso terminolóxicas e conceptualmente. “O autor sintetiza ben os obxectivos da investigación e os resultados acadados nas conclusións. E formula interrogantes cuxas respostas probablemente están enterradas nas ducias de xacementos castrexos sen escavar a día de hoxe”, sinalan arredor da obra.
Martín Fernández Calo naceu en Porto do Son en 1990 e forma parte da última xeración de licenciados en Historia (USC, 2013). O seu ámbito de investigación céntrase na historia socio-política, institucional e eclesiástica da antiga provincia romana da Gallaecia, os seus antecedentes pre-históricos e o seu legado tardo-antigo e medieval.
Reivindica así a Galiza antiga como suxeito historiográfico de seu, digno de estudo específico, tentando asemade de superar os compartimentos cronolóxicos que adoitan encorsetar a investigación académica.
Alén de Callaici principes: os soberanos da Galiza castrexa, gañadora do Manuel Murguía, a esta intención xeral se adscribe a súa tese de licenciatura (USC, 2015): A organización político-administrativa de Galicia na Antigüidade: séculos II a.C.-VIII d.C.
O pasado ano publicou Estado, poder e estruturas políticas na Gallaecia: séculos II a.C.-VIII d.C. (Blukk Edições, 2018). Toda a súa produción académica, con referencias, resumos e eventualmente arquivos para a descarga, pode consultarse na súa páxina académica persoal.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Compostela: presentación de A herba de namorar, de María do Cebreiro
Ourense: presentación de Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire
Compostela: presentación de Árbores que non arden
Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”, con Ánxela Gracián
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.
Este é o programa:
8 de outubro
Ánxela Gracián
Escribir coa memoria prestada.
15 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.
22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu ?
29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.
Bases do IV Certame de narración breve Mestre Manuel Gacio
“1.- Poderá participar calquera mozo/a matriculado en educación Primaria ou ESO, segundo as seguintes categorías:
A: Alumnos/as de Primaria
B: Alumnos/as de Secundaria
2.- En ambas categorías a extensión máxima será de 5.000 caracteres, espazos incluídos.
3.- Os textos versarán sobre o Pico Sacro e deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e non premiados noutros concursos.
4.- Os orixinais presentaranse en formato PDF, en formato DIN-A4, en letra Times ou similar de corpo 12. Deben enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: clmestremanuelgacio@gmail.com acompañados doutro documento onde figure a identidade do autor ou autora (Nome, enderezo, teléfono e correo electrónico) e título da obra, facendo constar no nome do documento o título da obra e a palabra PLICA. Os documentos PLICA serán custodiados pola asociación que non os dará a coñecer, preservando a identidade do autor/a ata despois da deliberación do xuri.
5.- Haberá dous premios por categoría, aínda que o xuri pode declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos textos.
Os premios serán:
Categoría A: Vale de 400 euros para libros e material escolar en libraría Lino de Lestedo, para o primeiro premio.
Segundo premio un vale de 200 euros para libros e material escolar en libraría Lino.
Categoría B. Os mesmos premios que na categoría A
6.- A data límite de recepción dos textos, remata o 30 de novembro de 2019.
7.- A composición do xuri darase a coñecer na páxina da asociación mestre Manuel Gacio.
8.- A asociación Mestre Manuel Gacio reservase o dereito de divulgación ou publicación dos textos premiados. Neste senso os autores renuncian a calquera compensación económica.
9.- O xuri e a asociación están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante algún imprevisto non recollido nas presentes bases.”