Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: Luns de Encontros. Presentación de Somos un pobo de artistas, de Xurxo Souto
XII Día das Galegas nas Letras. A literatura é unha casa. Sara Guerrero, Nosa Señora das Letras 2025, na Sega
Iván Caloto gaña o VII Premio Vidal Bolaño
Desde Galaxia:
“Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 h. na biblioteca do IES Ribeira do Louro decide declarar gañadora desta VIII edición a obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias, que, unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Iván Caloto.
O xurado destaca da peza a capacidade para afondar no miolo dos conflitos sociais e persoais; e na orixe dos prexuízos. Explora a necesidade de pertenza ao grupo que todos temos con personaxes verosímiles e recoñecibles. Obra coral que nos ofrece moitas voces, con diálogos áxiles, que axudan a configurar o drama presentado. (…)”
Conversa con Carlos Callón arredor de Maxicamente vella, eternamente nova
Xosé Antonio Neira Cruz, gañador do Premio Exeria de creación literaria 2025
Desde Nós Diario (foto do autor, desde Wikipedia):
“A proposta de creación literaria do escritor compostelán Xosé Antonio Neira Cruz resultou a gañadora da cuarta edición do Premio Exeria, co que o autor poderá desenvolver o seu proxecto de novela durante unha estadía dun mes na residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi (A Toscana, Italia), e recibir unha axuda económica de 3.000 euros.
Convocado pola Concellaría de Capital Cultural de Santiago en colaboración coa Residencia Literaria 1863, xestionada pola escritora Yolanda Castaño, o Premio Exeria a proxectos de creación literaria escolleu a proposta do compostelán Xosé Antonio Neira Cruz como a gañadora da súa cuarta edición.
A decisión foi tomada por un xurado conformado por expertos da área compostelá no mundo do libro, como son Berta Dávila Fernández, Agustín Agra Barreiro e Gemma Sesar Ignacio, que estiveron asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural.
O xurado valorou “a solvencia da proposta narrativa, o rigor e a coherencia do proxecto de traballo presentado e a relación da temática da obra coa contorna onde se desenvolverá a residencia”, tres cuestións que, indica a resolución, “sumadas á súa vinculación coa cidade de Santiago de Compostela, fan que a candidatura destaque pola súa adecuación aos criterios de valoración do premio”.
O escritor aloxarase na residencia Residencia La Baldi, situada na aldea de Montegiovi, no sur da Toscana, para concentrarse durante catro semanas no proxecto literario que presentou. (…)”
A Coruña: presentación de As tolas que non o eran, de Carmen V. Valiño
Pazo de Tor, Monforte: V Xornadas Pacegas, o 2 e 3 de xuño
Abril Camino, Érica Esmorís e Andrea Maceiras, Premios Xerais 2025
O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Beiras. Compostela, 2025
A Homenaxe O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Beiras. Compostela, 2025, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, CEDRO e Xunta de Galicia, chega este ano á súa XXXI edición, recaendo na figura de Xosé Manuel Beiras, de quen se destaca, dentro da súa extensa traxectoria vital, a súa faceta como ensaísta e tradutor, así como a súa xenerosa colaboración coa AELG, sendo parte do Consello Directivo da Asociación entre 1982 e 1986. Está previsto que sexa homenaxeado en Santiago de Compostela o sábado 14 de xuño de 2025.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, e a colocación dun monólito conmemorativo.
PROGRAMA DE ACTOS
11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida polo autor, un teixo. No Parque de Galeras. Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
– Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Xosé Manuel Beiras.
12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. No Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) (Rúa Valle Inclán, 2). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Intervencións de:
– Goretti Sanmartín, Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.
– Lectura da concesión da Letra E.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Laudatio do autor, por Miguel Anxo Fernán-Vello.
– Entrega da peza escultórica, elaborada por Silverio Rivas.
– Xosé Manuel Beiras. Intervención do homenaxeado. Resposta á laudatio.
14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Restaurante A Nave de Vidán (Avenida Mestra Victoria Míguez, 44). É necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org até o 9 de xuño, indicando nome e apelidos.
O programa pode descargarse en formato .pdf aquí.
ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo
XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros
XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña
XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela
XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee
XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • Pontevedra
XXIX Edición: FINA CASALDERREY
2023 • Pontevedra
XXX Edición: EULOXIO R. RUIBAL
2024 • Santiago de Compostela
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.