Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Euseino? cataloga e dixitaliza o arquivo de Anxos Sumai
Desde Nós Diario:
“Mediante un convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Euseino?, a investigadora Nerea Campos Avendaño realizou a dixitalización e catalogación do Fondo Anxos Sumai como prácticas académicas externas do Mestrado de Estudos da Literatura e da Cultura. Un fondo composto por catro cadernos manuscritos dos anos 1982, 1984-1985 e 1986, xunto cun amplo conxunto de relatos (publicados e inéditos), apuntamentos para novelas e anotacións das décadas de 1980, 1990 e 2000. Un total de 45 fichas catalográficas que dan acceso ao proceso de escritura da obra da autora. Como primeira mostra deste fondo, acábase de publicar o álbum ilustrado A nena de xeo.
O Fondo Anxos Sumai abre unha porta privilexiada ao proceso creativo da autora. Grazas ao traballo de catalogación e dixitalización concluído recentemente, as persoas lectoras, investigadoras e interesadas na intrahistoria da escritura da súa obra poden explorar este conxunto documental con total facilidade.
Para acceder aos orixinais da autora de A lúa da colleita, pódense consultar as fichas catalográficas nas que están recollidas as fontes documentais a través dunha sinxela solicitude de consulta. (…)”
Compostela: actos destacados do 6 de maio na Feira do Libro 2026
Pontevedra: presentación da tradución de Un anaco de mazá seca, de Begoña Feijoo Fariña
Foz: presentación de Bóreas, de Paco Rivas
Compostela: presentación de No fío do alén, de José G. Barral Sánchez
A Coruña: presentación de Begoña ou o pracer da amizade, de Beatriz Maceda
A Coruña: acto público polo Día das Letras Galegas. Lectura colectiva da obra de Begoña Caamaño
O 10 de maio terá lugar un acto público polo Día das Letras Galegas. Lectura colectiva da obra de Begoña Caamaño, na Coruña, organizado pola AELG, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Área de Cultura da Deputación da Coruña.
O domingo 10 de maio ás 12:00 horas, realizaremos un acto polo Día das Letras Galegas diante do Teatro Rosalía. Esta actividade, organizada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, chama a ler a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, dedicado neste 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, escritora, activista en defensa da lingua galega.
A parte musical vaina pór o Dúo Acordeireta, formado por Patricia González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea, que interpretarán temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas: Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán, Xela Arias…
Mais non hai mellor homenaxe a unha escritora que (re)ler a súa obra e iso é ao que te animamos para ese domingo 10 de maio. Escolle o texto de Begoña Caamaño que máis che guste e vén participar nesa lectura colectiva. Se te animas a ler, cando teñas escollido o texto indícao a través do formulario dispoñíbel aquí. Se non vas ler non é necesario inscribirse.
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do seu socio Fernando Cabeza Quiles
Fernando Cabeza Quiles, polígrafo que destacou pola súa obra sobre a toponimia galega, cultivou tamén outros xéneros, como o ensaio e a narrativa, xunto a centos de artigos sobre temática etnográfica, histórica e social.
O seu exemplo, sempre comprometido na difusión e coñecemento da nosa cultura, fai del un referente unanimente recoñecido por toda a sociedade.







