O
luns
5 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Anxo Angueira e Ada Salas.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ribadavia: charla de Miguel Anxo Fernánez sobre Lume de cobiza
O
domingo 4 de marzo, ás 13:00 horas, no IES de Ribadavia, terá lugar unha charla ofrecida por Miguel Anxo Fernández sobre o seu último libro, Lume de cobiza, publicada en Galaxia. O acto está enmarcado na na xornada da Asemblea Anual da Asociación Ecolóxica Ridimoas.
A Estrada: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O
luns 5 de marzo, ás 20:00 horas, no edificio do MOME (Museo do Moble e a Madeira) da Estrada, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora.
Antón Riveiro Coello: “Todas as literaturas teñen o seu déficit de presente”
“Así
titulan no Faro da Cultura a longa e interesante entrevista que Lourdes Varela lle fixo a Antón Riveiro Coello para falar da súa novela Laura no deserto, publicada en Galaxia. Non deixedes de lela, premendo aquí.” Desde Galaxia.
Participa no especial A cultura como alimento contra a crise, da Revista Atenea
O
Ateneo Ferrolán volve a poñer á vosa disposición a Revista Atenea para que enviedes un traballo en idioma galego baixo a temática: A cultura como alimento contra a crise. Proxectos para accións, unha canle de expresión para todas as artes: poesía, narrativa, pintura, fotografía, debuxos, poesía visual, gravados…… e, de quedar seleccionado, publicarémolo na Atenea nº 44 de abril-maio-xuño 2012.
De estar interesado/a, ponte en contacto con nós ou envíanos por correo electrónico o teu traballo facendo constar o teu nome, enderezo e contacto antes do 23 de marzo de 2012 (ao correo secretaria@ateneoferrolan.org ou no teléfono 981357970).
Gonzalo Hermo: “Quero crer que non existe un manual establecido de como sermos galegos”
Entrevista
a Gonzalo Hermo en Dioivo:
“A óptica “dos que viron extinguir o seu fogar e humillar a súa identidade”. A perspectiva dos expulsados ás marxes. É a adoptada por Gonzalo Hermo en Crac, o poemario co que gañou o premio Xuventude Crea -co bipartito GZCrea-. O libro parte dun só texto, Escola do resentimento. “Por iso o meu poema é só un acto de vinganza”, di. O autor presentou hai pouco en Compostela esta obra, editada por Barbantesa.
– Dioivo: O libro parte do primeiro poema. Que fala da poesía como acto de vinganza. Do resentimento dos que “fomos castrados”. Cal é o motivo dese resentimento? Cales son as violencias contra as que se rebela?
– Gonzalo Hermo: Poderiamos falar de violencias en plural pero son, ao cabo, distintas pólas dunha mesma realidade: a violencia exercida polos elementos que ostentan a hexemonía simbólica contra aqueles que non a posúen. A dinámica centro/periferia existe, e non só no plano xeográfico ou xeocultural (binomios do tipo occidental/oriental, etc.), senón tamén en experiencias coma o xénero, a raza ou a opción sexual. Tal e como eu o vexo, Crac representa un intento de colocarse, en sentido amplo, no lado feble da balanza. Nun espazo onde circulen distintos procesos identitarios vertebrados en torno á idea de subalteridade. Non son tan pretensioso como para pensar que o libro vaia cambiar as cousas, pero gústame escribir como se esa posibilidade fose real. Cando menos non ser cómplice dunha orde de cousas ilexítima e perversa. (…)”
Ferrol: presentación dos números 50 e 51 da Revista Galega de Educación
O
venres 2 de marzo, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María) de Ferrol, preséntanse os números 50 e 51 da Revista Galega de Educación, publicada por Nova Escola Galega. No acto participan María Dolores Cancedo Gunturiz, Antón Cortizas Amado e Secundino García Mera.
Moisés Barcia: “Hai motivos abondos que convidan a ampliar a presenza de Dickens na nosa língua”
Entrevista
a Moisés Barcia en Dioivo:
“É o principal tradutor ao galego da obra de Charles Dickens. Alén dalgunha versión do Conto de Nadal e algunha outra pequena peza, non puideramos acceder ás grandes novelas de Dickens no noso idioma ata que a Editorial Galaxia publicara en 2006 a tradución de Moisés Barcia da obra máis coñecida do autor londinense: Oliver Twist. Neste 2012, ano en que se cumpren os 200 anos do nacemento de Dickens, Moisés Barcia buscou tempo na súa atafegada actividade á fronte da Editorial Rinoceronte, para agasallarnos cunha tradución por entregas doutra das obras monumentais de Dickens: Grandes Esperanzas. Faino a través do blog anodickens.blogspot.com. Non é unha tradución convencional. Toma como referencia unha tradución ao español de Benito Pérez Galdós que logo é levada ao galego polo tradutor automático da Universidade de Vigo. “Hai máquinas que traducen mellor que certas persoas, en parte porque non teñen prexuízos”, afirma retranqueiro Moisés. Con todo, os defectos da tradución son suficientes para que Moisés Barcia pase unha hora ou máis tempo o día aquelando o resultado e procurando un estilo o máis afín ao seu. (…)”
Xesús Couceiro recibirá o Premio Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores
“A
Xunta Directiva da Asociación Galega de Editores acordou por unanimidade outorgar o Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 ao libreiro e editor Xesús Couceiro. O galardón recoñece o labor realizado por unha persoa a prol da cultura do libro serálle entregado en Compostela o vindeiro venres, 9 de marzo, no transcurso da Noite da Edición, onde tamén serán entregados os premios do sector correspondentes ó ano 2011. Xesús Couceiro foi un gran promotor do libro galego e a súa librería un lugar de referencia para estudos, universitarios e personalidades do mundo da cultura. Couceiro é libreiro desde o ano 1969 e no ano 2007 puxo en marcha unha magnífica librería na Praza de Cervantes de Compostela, nun espazo emblemático da cidade onde vén axudando a dinamizar o comercio local. (…)” Vía AGE.
Santiago: presentación da reedición de Tras da Corda, de Carlos Reigosa
O
sábado 3 de marzo, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago e Compostela, preséntase a nova edición de Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa, publicado en Xerais. No acto, o escritor estará acompañado por Manuel Bragado.