O
luns 23 de xaneiro, ás 18:00 horas, no IES nº 1 do Carballiño, Miguel Anxo Fernández visita o Clube de lectura do IES nº 1 do Carballiño para falar da súa novela O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
O Barco: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
segunda feira 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, no Barco, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística participa o propio autor.
Allariz: presentación de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello
O
sábado 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, na libraría Aira das Letras (Rúa Emilia Pardo Bazán) de Allariz, preséntanse os libros Laura no deserto, e O paso do esquecemento, de Antón Riveiro Coello, publicados, respectivamente, en Galaxia e o Centro da Cultura Popular do Limia. Crónica fotográfica posterior en Galaxia.
Vila de Cruces: homenaxe a Xosé Neira Vilas
O
sábado 21 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Xosé Casal, o Concello de Vila de Cruces organiza un acto de homenaxe a Xosé Neira Vilas con motivo do aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego.
Vigo: presentación da antoloxía poética dezaoito
Lires: presentación de Rosalía de Castro: a persoa e a obra, de onte a hoxe, de Francisco Rodríguez
A Coruña: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que intervirán xunto á autora Francisco Pillado e María Teresa Martínez, proxectarase un capítulo do documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces.
Convocado o I Certame de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas
“A
Liga Estudantil Galega, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística ten a ben presentar o I Certame de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas. Coa convocatoria deste Certame temos por obxectivo dárlle pulo ás autoras e autores novas e novos que escriben na nosa lingua e que, por desgraza, non teñen os medios necesarios para darse a coñecer no noso país. As bases do Certame son as seguintes:
– Temática: libre.
– Idioma: galego.
– Modalidades:
*12 a 18 anos:
- Grupo de 3 a 4 poemas de extensión máxima 50 versos (cada un).
- Relato curto de extensión entre 1500 e 2500 palabras.
*18 anos en diante:
- Grupo de 3 a 4 poemas de extensión máxima 50 versos (cada un).
- Relatos curto de extensión entre 1500 e 2500 palabras.
– Presentación: Cada participante poderá presentar un máximo de un traballo en cada modalidade (orixinais, inéditos e non presentados a ningún outro certame literario pendente de resolución).
O proceso de entrega será vía email indicando título e a seguinte información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto, que en ningún caso lle será facilitado aos membros do xurado. O traballo, en formato .pdf, xunto aos datos anteriores serán enviados ao seguinte correo-e: certameneiravilas@ligaestudantilgalega.info.
– Prazo: o prazo de entrega rematará o día 15 de marzo de 2012.
– Premios: editaranse os dous primeiros premios de cada modalidade. Amais, os primeiros de cada unha delas recibirán un lote de libros e unha camisola. A edición da obra levará un limiar de Xosé Neira Vilas. O xurado gárdase o dereito de declarar deserto algún dos premios se considera que os traballos recibidos non son da calidade suficiente por eles estimada.
– Xurado: estará composto por profesores universitarios de recoñecido prestixio.
– Fallo: Darase a coñecer nun acto especial de entrega de premios ao redor do Día das Letras Galegas do ano 2012.
– Outros: A presentación ao premio supón a conformidade coas presentes bases por parte dos/as concursantes.”
A Coruña: presentación de Bretemada, de Gonzalo López Abente
O
venres 20 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, terá lugar a presentación do poemario inédito Bretemada, de Gonzalo López Abente, publicado por Alvarellos editora. No acto, coorganizado pola Fundación Gonzalo López Abente, intervirán X. H. Rivadulla Corcón, Xosé Luís Axeitos, Olivia Rodríguez, Miro Villar e Henrique Alvarellos. Crónica posterior en La Voz de Galicia.
Pontevedra: coloquio de Miguel Anxo Fernández arredor da súa obra Lume de cobiza
O
venres 20 de xaneiro, ás 10:00 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, terá lugar un encontro de Miguel Anxo Fernández cos alumnos de Comunicación Audiovisual de Pontevedra, para falar sobre a súa novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.

