Artigo
de Ramón Caride nos Cadernos Redelibros:
“¿De que falamos cando falamos de fantasía científica?
Falar de ciencia ficción semella unha contradicción per se. Se unha cousa é ciencia non é ficción, e se é ficción non é ciencia. Ou sexa, que nos choven as labazadas dos dous lados. E por riba: defensione non pedita… Citas á parte, os catalogados como autores de subxénero, con todo o que o prefixo sub ten de connotativo, non temos moita ocasión de falar de literatura. Como se a literatura non fose con nós.
Mala fama, e peor crítica, perseguen por estes pagos á fantasía científica —“ciencia-ficción” por mal nome se nos atemos a pésima e literal, como en tantos outros casos, traducción do termo anglosaxón—. A confusión dos sustantivos non é senón outra das confusións que se amorean sobre este xénero. Esta variante da novela de aventuras que utiliza como unha das súas referencias básicas as aportacións ou proxeccións da ciencia —que isto, e non outra cousa, é a fantasía científica—, oscila entre o menosprezo do canon e o beneplácito dos lectores, ou viceversa. Viceversa, decididamente, porque a xerarquía entre ficción e ciencia, ou entre pracer e erudición, no noso caso, está clara a favor dos primeiros termos destas dicotomías delirantes que, aínda hoxe padecemos a cotío.
¿Por que a ciencia ficción? ¿Por que ciencia ficción en galego? Etcétera. Case dúas décadas despois de que un —e desculpen tanto falar da obra propia— perpetrase aquel pecado orixinal de novela de xénero chamada Soños eléctricos, semella que non abondase aínda a penitencia. Por sorte, os rapaces e rapazas son lectores lúdicos e entenden pouco de xéneros, nada de subxéneros nin de canons. Abominan das antoloxías para saír ou entrar no milenio, das historias xerais e das particulares, dos panexíricos sobre a normalización ou dos problemáticos camiños e corredoiras do noso sistema literario. A literatura xuvenil é, se cadra, o derradeiro refuxio da aventura. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Rexina Vega: Galicia e Cataluña. Un diálogo trucado
Artigo
de Rexina Vega en Cadernos Redelibros:
“Hai xa ben de anos que falamos de literaturas peninsulares sen dar conseguido que esta realidade sexa recoñecida na súa complexidade. Nin dende o centro —ocupado pola expresión castelá cada vez máis poderosa na súa dimensión internacional—, nin desde as periferias —nas que nos movemos prisioneiros dos cárceres simbólicos dos límites territoriais—, somos quen de trazar canles seguras e sólidas que fomenten o coñecemento da diversidade. Porén, o contacto, o trasvase fructífero, tivo e continúa tendo lugar.
Neste texto quixera centrarme nas relacións de dúas das literaturas que compoñen este mosaico ibérico, a catalana e a galega, e quixera facelo falando tanto de autores concretos como de trazos de recepción e sensibilidade social, amparada na miña propia experiencia como profesora na área de filoloxía galega da Universitat Autònoma de Barcelona durante os anos noventa.”
Vigo: actividades do xoves 7 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta desde o pasado venres 1 até o domingo 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do xoves 7 son as seguintes:
– 20:00 h. Xulia Alonso Díaz asinará exemplares do seu libro Futuro imperfecto, publicado por Editorial Galaxia.
– 20:30 h. Xavier Queipo presentará o seu libro Ártico 2.0, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema e Gonzalo Navaza.
Vigo: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O
xoves 7 de xullo, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Urzaiz, 17) de Vigo, preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse, publicada en Edicións do Castro. No acto, acompañando á autora, participará Cipriano Jiménez, e posteriormente terá lugar a actuación musical de Pilocha.
Armando Requeixo: Crítica literaria galega 2.0, ciberensaio e blogocrítica
Artigo
de Armando Requeixo en Cadernos Redelibros:
“O universo cibernético que redimensiona a nosa realidade de cidadáns do século XXI disparou os procesos de produción-recepción literarios cara a novas rexións incógnitas ata o de agora, tronzando fronteiras e abrindo devasas que descoñeciamos. Naceu entón a ciberliteratura e o ciberlector, parentes próximos do autor e o lector tradicionais, mais con casa de seu e riscos definitorios privativos.
Así as cousas, non debería estrañar que tamén entre os axentes mediadores a figura do crítico literario sentise a necesidade —mesmo se vise dalgunha maneira impelido— a adaptarse ás novas regras de xogo, pois se o produtor e o consumidor son, en parte, outros, tamén quen lles serve de ponte de unión precisa reinventarse.
Doutra parte, non digo nada novo se afirmo que a prensa en papel (lugar no que adoitamos dende sempre exercer o noso oficio os críticos, amén de nas revistas especializadas de restrinxida circulación) está inmersa nun traumático proceso de reestruturación que aínda non sabemos a onde a levará, pero no que todo parece indicar que o espazo que se reservará ao comentario de libros será cada vez máis e máis exiguo e, quen sabe, talvez nalgún momento nin será.
Nesa encrucillada na que nos atopamos xorde a crítica literaria galega na Rede. E nace concentrando os seus esforzos, sobre todo, nos (we)blogs ou bitácoras, en menor medida nas páxinas de autor ou soportais corporativos, aínda que tamén.
Como particular derivación do ciberensaio, a blogocrítica galega entendo que ten xermolado dende a necesidade de ofrecer solucións viables a diversas problemáticas que nos acoraron de vello como profesionais. Do mesmo xeito, coido tamén que a blogocrítica é susceptible de se definir como un xénero singularizado respecto da crítica en soporte non internetiano. Nas liñas que seguen tentarei explicar máis polo miúdo ambas e dúas ideas. (…)”
Vigo: actividades do mércores 6 na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta do 1 ao 10 de xullo, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do mércores 6 son as seguintes:
– 18:30 h. Programa infantil. Cantacontos: O bardo Abelardo. Contacontos musical a cargo de Servando Barreiro.
– 19:30 h. Charla coloquio do profesor Jorge Mira, arredor do seu libro A ciencia no punto de Mira, publicado por Auga Editora. Xunto co autor participarán no acto Martín López Nores e Xosé Antón Perozo. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
– 20:00 h. Antonio García Teijeiro asinará exemplares dos seus libros Verbas de sal e Recendos de aire sonoro, publicados por Edicións Xerais, e do resto das súas obras.
– 20:30 h. Conversa co escritor Agustín Fernández Paz, arredor da súa novela Non hai noite tan longa, publicada por Edicións Xerais.
A produción do libro galego crece un 28%, por riba da media estatal
Santiago: presentación de Breve Antologia Poética, de Ernesto Guerra Da Cal
A
cuarta feira, 6 de xullo, ás 20:30 horas, no Centro Social A Gentalha do Pichel, (Rúa Santa Clara, nº 21) de Santiago de Compostela, preséntase a Breve Antologia Poética de Ernesto Guerra da Cal, editada por Carlos Durão, e da páxina dedicada ao centenario do escritor. No acto, organizado pola Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa, dentro de éMundial, no que a AGAL celebra os trinta anos da súa existencia, intervirán Concha Rousia e Joám Evans.
Elena Gallego: “En Galicia podemos hacer nuestras propias fantasías sin irnos fuera”
Entrevista
a Elena Gallego en Faro de Vigo:
“- Faro de Vigo (FdV): El protagonista, Hadrián, es un adolescente, ¿pueden los jóvenes actuales identificarse con él?
– Elena Gallego (EG): Lo que les identifica es que la historia sucede en un tiempo real, con situaciones que viven a diario en el colegio, con sus amigos o con la familia. Además, las últimas generaciones crecimos leyendo novelas de aventuras y eso es lo que Dragal es fundamentalmente.
– FdV: La trilogía va dirigida a los jóvenes pero, ¿sus libros entretienen y gustan por igual a los adultos?
– EG: Intenté no solo enganchar a los adolescentes sino también recoger diferentes tradiciones y hacer una mezcla, demostrando que aquí también podemos hacer nuestras propias fantasías sin irnos fuera. El sector juvenil e infantil, lo que ve es la aventura de los protagonistas mientras que los que tienen un poco más de experiencia en la vida ven el trasfondo de la historia y descubren leyendas que estaban escondidas para ellos.”
Santiago: presentacións de Actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936)
O
mércores 6 de xullo, ás 13:15 horas, na Biblioteca do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), de Santiago de Compostela, preséntanse as Actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936). Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), coordinados por Xosé Manuel Malheiro, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos, coa participación de Ramón Villares, Carlos Méixome e o seu coordinador, Xosé Manuel Malheiro.
No mesmo día e cidade, ás 20:00 horas, preséntase na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), cos mesmos participantes máis Xosé Manuel Beiras.