
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ourense: presentación de Pontealbar, de Adrián Noia
Ourense: recital poético de Asfixia, de Clara Martín
Vinseiro (A Estrada): presentación de Nais, de Charo Valcárcel
Pontevedra: presentación de Roxe de Sebes. Mil días na montaña, de Ignacio Castro Rey
O Carballiño: presentación de Drácula, de Bram Stoker
Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2026 en Lugo
Estas son algunhas das fotografías do acto en Lugo do Día de Rosalía de Castro 2026, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 13:30 horas, no Parque de Rosalía de Castro, organizado pola AELG, coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. O acto consistiu na lectura do Manifesto da AELG, elaborado neste 2026 por Eva Veiga, un recital poético da obra de Rosalía de Castro, con participación do alumnado gañador do Enredando co Galego 2025 e escritoras/es da cidade de Lugo, e unha ofrenda floral en homenaxe á autora. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Gondomar: Día de Rosalía de Castro 2026
O domingo 1 de marzo, ás 19:00 horas, en colaboración coa Asociación Cultural Centáurea, terá lugar no Café Keik (Rúa Ánimas, 10), en Gondomar, a lectura do Manifesto da AELG, obra de Eva Veiga, e un recital poético da obra de Rosalía de Castro. Esta actividade conta tamén co apoio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) e a Deputación da Coruña.












