Cruz Martínez le un texto de Ricardo Carvalho Calero

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Ricardo Carvalho Calero, por parte de Cruz Martínez, no marco da homenaxe ao autor ferrolán proposta desde a área de Patrimonio e Lingua da Deputación de Pontevedra en colaboración coa AELG, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

A revista poética npgGaZeta abre as caboracións para o N°1

“Despois do éxito do N° 0 da revista, editado en dixital e en papel, e que tivo que ver paralizadas as presentacións físicas polo estado de alarma, a Nova Poesía Guitirica NPG aborda agora o N° 1 nunha web renovada e con novas seccións. Se no número cero as colaboracións consistían nun poema inédito e outro de un/ha autor/a xa publicado superando os 60 poetas, neste número poderase participar enviando un poema inédito ao correo da NPG npggazeta@gmail.com acompañando o enlace ás redes sociais d@ autor/a ou foto retrato.
A npgGaZeta é unha revista aberta á participación co soporte das agrupacións poéticas de base que están a traballar no país de forma democrática, transparente e comunal tal e como recolle o documento de base.
A revista dixital incorpora unha nova sección de entrevistas que priorizará a poetas de agrupacións poéticas de base.
A revista está coordinada por Moncho Bouzas e conta con un consello de redacción no que participan poetas de diferentes agrupacións poéticas de base do país que xa teñen participado recentemente no festival on line #enredeversos con máis de 30.000 visualizacións.
A primeira colaboración será do poeta Miro Villar, un dos fundadores do desaparecido Batallón Literario da Costa da Morte na páxina 6 da revista.
A web que soporta a revista mantén as seccións de Carvalho Calero e a de Estraperlo na que se aloxan publicacións poéticas dixitais de descarga gratuita en PDF.
No momento en que quede completado o N° 1 contamos poder apresentalo físicamente (versión en papel) conxuntamente co N° 0.”

Lucía Novas le un poema de Cervatos

Desde a AELG recollemos a lectura dun fragmento de Cervatos, por parte da súa autora, Lucía Novas, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.

Toño Núñez le un poema de Carvalho Calero

Desde a AELG recollemos a lectura dun poema de Ricardo Carvalho Calero, por parte de Toño Núñez, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Macamen Alonso le un texto de Ricardo Carvalho Calero

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Ricardo Carvalho Calero, por parte de Macamen Alonso, no marco da homenaxe ao autor ferrolán proposta desde a área de Patrimonio e Lingua da Deputación de Pontevedra en colaboración coa AELG, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

Polafías Polavida (cantos tradicionais), Larpeiros de Altamira

Desde a sección de Literatura de Tradición da AELG convidámosvos a reunirnos cada día, momentaneamente, arredor da lareira virtual que representa o noso inmenso arquivo.
A música e o canto tradicional foron parte fundamental das polafías da AELG.
Velaí Os Larpeiros de Altamira na polafía de Xanceda-Mesía o 22 de maio de 2010 interpretando “Eu son mariñeiro da beira do mar”.
Aquí podes ver os vídeos desta Polafía.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede, #Aculturasegue e/ou #aculturasegue.

Marta Dacosta le un texto de Ricardo Carvalho Calero

Desde a AELG recollemos a lectura dun texto de Ricardo Carvalho Calero, por parte de Marta Dacosta, no marco da homenaxe ao autor ferrolán proposta desde a área de Patrimonio e Lingua da Deputación de Pontevedra en colaboración coa AELG, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #Aculturasegue e/ou #CulturaNaRede.

#LibrosparaSermosLibres, #LibrosAbertos

Desde a Deputación da Coruña:
“Queres un bono de 75 euros para libros en galego na libraría que elixas?
Recomenda un libro mediante un video de menos dun minuto ou unha foto coa portada do libro.
Comparte en Facebook, Twitter ou Instagram cos cancelos #LibrosAbertos e #LibrosparaSermosLibres
Até 15/06!”

Historias cativas de Rosa Aneiros

Desde Aulas Galegas:
“A nosa querida escritora Rosa Aneiros desenvolveu estes días unha iniciativa de lectura e escritura nas redes sociais (en Facebook e Twitter) co cancelo #historiascativas e, amablemente, quixo compartila con todos e todas nós. (…)
Esta práctica solidaria son, en palabras da autora, “#historiascativas nas que dialogo con personaxes de obras escritas e as sitúo en confinamento. Están subidas tamén en pdf e talvez poidan servir a alguén como material educativo xa que dialogo con obras de infantil e xuvenil que moitas leron e á rapazada tenlle a súa graza por falar do momento de actualidade inmediata.”
“As Historias cativas. Son sete días e sete historias cativas polo tamaño e ambición, pero tamén pola súa natureza confinada. Trátase dun xogo no que dialogo con personaxes das miñas obras e os sitúo nun contexto de confinamento. Que lle acontecería a Eusebio e Patricia de Ás de bolboreta se o covid-19 os confinase xuntos? Como afrontaría Edelmira de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea a distancia con Edelmiro? Que podería sucederlle á nai de Noelia e Miguel de A batalla da pequena Chañan Curi Coca cando baixa mercar o pan? Cal sería a conversa de Elba, a protagonista de “Deixando sitio” de Corazóns amolecidos en salitre co seu fillo Rodri?”
Podedes acceder ás publicacións en Facebook clicando na seguinte ligazón: HISTORIAS CATIVAS.
Recuperamos a través de #historiascativas marabillosas lecturas da autora que nos fan gozar e relamber con estes doces textos. Axudan tamén a recuperar do andel da nosa biblioteca esas novelas que nos acompañaron, que compartimos nos clubs de lectura cando podiamos vernos e falar cara a cara, e a relelas, volver pasar as súas páxinas e perdernos na dozura da súa prosa.
Recomendámosvos estes “7 días escrita/7 historias/7 publicacións”, 7 alfaias que iremos degustando en entradas individuais; de seguro que estades desexando acompañarnos nesta viaxe pola escrita solidaria de Rosa Aneiros, polos seus diálogos que nos achegan á reflexión, aos sentimentos encontrados en tempos de confinamento e de incertezas.
Grazas mil por compartilo con nós, Rosa Aneiros.