Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres (II)

O acto central do Día de Rosalía 2017, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO, tivo lugar o domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Negra Sombra.

– Lectura de poemas rosalianos, con Larraitz Urruzola (Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG), César Goldi (AAAG), Federico Pérez (AAAG), Josi Lage (AAAG), Ricardo de Barreiro (AAAG), Andrea Dunia (AAAG) e Mercedes Queixas.

– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Has de cantar.

– Ofrenda floral e interpretación do himno.

Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres (I)

O acto central do Día de Rosalía 2017, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO, tivo lugar o domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: A Rosalía.

– Saúda da Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Lectura do Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, por Ledicia Costas.

– Lectura de poemas rosalianos, Henrique Alvarellos (Asoc. Galega de Editoras); Pilar Rodríguez (Federación de Librarías), Pilar Astray Rodríguez (Asoc. Traxe Galego), Pilar Reino (A. C. e Musical Solfa) e Ramiro Torres.

#RosalíaTe: actividades do Día de Rosalía de Castro 2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2017, en formatos pdf e jpg.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

#RosalíaTe

Actos promovidos pola AELG
Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

***

Actos organizados por outras entidades (actualización diaria) Sigue lendo →