O luns
21 de febreiro, ás 19:30 h., na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre, terá lugar unha conferencia de María Casar sobre Territorios literarios. A Coruña de Luísa Villalta, na que abordará as relacións entre o mundo da creadora e o mundo representado na súa obra, facendo un percorrido pola Coruña reflectida na obra poética de Luísa Villalta. María Casar é a presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos, e coordinadora do Roteiro Fiz Vergara Vilariño. No acto participará tamén o violinista Manu Clavijo.
Arquivo da categoría: Bibliotecas
A Coruña: recital multimedia de Yolanda Castaño
O martes
15 de febreiro, ás 19:30 h., na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre, terá lugar un recital multimedia a cargo de Yolanda Castaño, dentro das actividades de reapertura desta biblioteca pública. Incluirá unha proxección de videopoesía.
A Coruña: Moita poesía, pouca diversión, con Lucía Aldao e María Lado
O martes
8 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, ofrécese o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado Moita poesía, pouca diversión. Reportaxe posterior en Galicia Confidencial.
A Coruña: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
O sábado
5 de febreiro, a partir das 18:30 h., na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase a novela “Todo é silencio“, de Manuel Rivas, publicada en Xerais, coa participación de Rómulo Sanjurjo.
Santiago: coloquio arredor de As rulas de Bakunin, con Antón Riveiro Coello
O
mércores 2 de febreiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Antón Riveiro Coello, dentro das actividades do club de lectura Compostela conversará cos lectores arredor da súa novela As rulas de Bakunin, publicada en Galaxia.
Un encontro internacional analizará o papel social e cultural das bibliotecas
La Llagosta (Barcelona): inauguración da Biblioteca Basilio Losada no Centro Galego Alborada
O
venres 12 de novembro, a partir das 18:30 h., no Centro Galego Alborada de La Llagosta (Barcelona), inauguración da Biblioteca Basilio Losada. A continuación actuará a cantante María do Ceo.
Ferrol: ciclo de As miñas lecturas favoritas e Clube de Lectura en Galego
A
Biblioteca
Municipal de Ferrol, sita na céntrica Praza de España, pon en marcha hoxe un novo ciclo de animación á lectura titulado: As miñas lecturas favoritas, destinado a lectores adultos. A actividade, que se desenvolverá ao longo de seis luns entre os meses de setembro e decembro, enmárcase dentro da programación posta en marcha pola Concellería de Cultura e do programa Letras Vivas, promovido pola Consellería de Cultura coa finalidade de promover os hábitos lectores, así como o libro e a lectura en galego. As sesións celebraranse ás 19.30 h., con entrada libre e gratuíta, e nelas preténdese tamén promover o diálogo naqueles lectores con inquedanzas culturais e ganas de ler. Para iso, contarase con prestixiosos nomes da literatura galega como Marilar Aleixandre (27 de setembro), Francisco Fernández Naval (4 de outubro), Santiago Jaureguizar (18 de outubro), Marina Mayoral (8 de novembro), Yolanda Castaño (22 de novembro) e Carmen Blanco (20 de decembro).
Por outra banda, desde o mércores 13 de outubro, e en mércores alternos entre as 19:00 e as 20:30 h., Henrique Dacosta coordinará o Clube de Lectura en Galego.
Culleredo: programa de tertulias e clubes de lectura das Bibliotecas Municipais
Concurso Biblio-Clip
Realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. Prazo de envío das produccións: do 17 de maio ata o 01 de setembro. Publicación da persoa gañadora e dous finalistas: a partires do 1 de outubro do 2010. Entrega de premios: 24 de outubro do 2010. Consulta as bases aquí.
As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan o concurso de BIBLIOCLIPS para amosar o feito lector entre os cidadáns cunha visión diferente, persoal e lúdica das bibliotecas públicas. O concurso consiste na realización dun Spot Publicitario dunha duración máxima de 35 segundos de visionado, inspirados na biblioteca e a lectura. A curta poderá estar ou non gravada nun espazo bibliotecario. En calquera caso, valorarase a orixinalidade e a capacidade de expresar calquera punto de vista relacionado co tema do concurso, así como as posibilidades de emisión dos traballos presentados.
