O 22 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (A Coruña), terá lugar un faladoiro sobre Senlleiras coa súa autora, Antía Yáñez.
É necesario apuntarse, por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web da Biblioteca.
Faladoiro arredor do machismo e da violencia de xénero, poñendo especial fincapé na viiolencia psicolóxica
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.
Arquivo da categoría: Bibliotecas
Facultade de Filoloxía, Santiago: Semana das escritoras e das bibliotecas
A Coruña: presentación de Movendo os marcos do patriarcado, con Marilar Aleixandre e María López Sández
A Coruña: presentación de O cuarto de Jane, de Charo Pita
Carballo: presentación de A Galiza feminista, de Miriam Couceiro Castro
Cee: mostra bibliográfica sobre Concha Blanco na Biblioteca Pública “Francisco Mayán”
Até o vindeiro 25 de xuño a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”, sita no 3º andar da Casa da Cultura do Concello de Cee, acolle unha Mostra bibliográfica da obra da escritora ceense, Concha Blanco.
A través de algo máis de 70 libros e diversos documentos procedentes dos fondos propios do centro bibliotecario, a mostra pretende amosar o legado cultural que está a deixar, Concha Blanco, como creadora e escritora comprometida coa nosa cultura e lingua galega. Unha autora que ao longo da súa vida escribiu narrativa para nen@s, pero tamén para adultos, así como outros xéneros literarios, tales como poesía ou teatro. Na exposición tamén teremos a oportunidade de ler as dedicatorias que a escritora realizou nas súas obras, co obxectivo de enriquecer o Fondo Local da Biblioteca de Cee.
Con esta Mostra Bibliográfica a Biblioteca Pública Municipal súmase á homenaxe, a celebrar o 12 de xuño, A escritora na súa Terra; celebración impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), na que a través dunha serie de eventos, como, a entrega do galardón Letra E de escritora, o descubrimento dun monólito conmemorativo, a plantación dunha árbore, ou a colocación do seu nome á zona axardinada situada detrás do Mercado de Abastos da Vila de Cee, tal como decidiu o Pleno do Concello de Cee, faise un recoñecemento público na figura de Concha Blanco.
Bertamiráns, Ames: presentación de Estrita necesidade, de Carlos Negro
Compostela: presentación de Quérote canto, de Baldo Ramos e Eva Veiga
Mondariz: presentación de Non te amola!, de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso
A Coruña: conferencia de Emma Pedreira arredor da obra de Xela Arias
O xoves 27 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés da Coruña, terá lugar unha conferencia de Emma Pedreira arredor da obra de Xela Arias.
É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.