O
venres 30 de setembro, ás 20:00 horas, na sala de conferencias de Novacaixagalicia en Vigo, con motivo do Día da Tradución, a Asociación de Tradutores Galegos organiza unha conferencia sobre Plácido Castro, tradutor, impartida polo profesor da Universidade de Vigo, Alberte Álvarez Lugrís. Plácido Castro foi un dos grandes pioneiros da tradución ao galego, verquendo á nosa lingua, con especial forza nos anos corenta do século pasado, a moitos poetas irlandeses e ingleses, tratando de levar a modernidade a este ámbito cultural. Vía Galaxia.
Arquivo da categoría: Conferencias
‘César Antonio Molina di que Cunqueiro imprimiu estilo ”orixinal” á poesía e narrativa’
“O
escritor e ex ministro de Cultura César Antonio Molina asegurou hoxe que Álvaro Cunqueiro outorgou á poesía e á narrativa un estilo “propio orixinal”. Molina pronunciou esta mañá a conferencia inaugural do congreso Mil e un Cunqueiros, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). O ex ministro dixo de Cunqueiro que foi o escritor galego “máis importante do século vinte” e relatou as súas experiencias con Álvaro Cunqueiro, ao que coñeceu nos anos sesenta, así como as lecturas que realizou sobre a súa obra. (…) “Foi sempre un autor que invadiu a poesía e a narrativa intercomunicando ambos os xéneros cun estilo propio orixinal”, dixo Molina de Álvaro Cunqueiro. O ex ministro cualificou ao autor mindoniense como un home “escéptico” e agregou que Cunqueiro “comprendeu que as posibilidades de sobrevivir culturalmente era a través da imaxinación”. Ademais, destacou que, como narrador, Álvaro Cunqueiro foi bilingüe e que no campo do xornalismo utilizara fundamentalmente o castelán, mentres que cando escribía poesía escribía en galego e “era profundo e consustancial”. A César Antonio Molina precedeuno no uso da palabra o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que destacou o “poder de atracción” de Álvaro Cunqueiro. Villares sinalou que Cunqueiro “conta moitas cousas que remiten a mundos que coñecemos máis ou menos directamente”, pero precisou que “convén” imprimir “universalidade a eses mundos de Cunqueiro”.” Vía Galiciaé. Reseñado tamén en Cultura Galega, Xornal, Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Lugo: IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral: Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, o 28 e 29 de outubro
As
IV Xornadas de Literatura de Tradición Oral celébranse baixo o título Lendas urbanas. Mitos e ritos dos tempos modernos, un curso convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Estas son as características do curso:
– Modalidade formativa: Curso.
– Datas de realización: 28 e 29 de outubro de 2011.
– Horario: venres 28, de 17:00 a 21:00 horas; sábado 29, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:00 horas.
– Lugar onde se levará a cabo a actividade: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (rúa San Marcos, 8, Lugo).
– Valoración en horas de formación: 10.
– Número de prazas: 100.
– Persoas destinatarias: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
– Custo de matrícula: Gratuíta.
– Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición na páxina da AS-PG, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG e da AELG. De cara á homologación seguiranse as indicacións da Orde de 1 de marzo de 2007.
Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir ás xornadas e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG.
O programa é o seguinte (pódese descargar aquí):
VENRES, 28 DE OUTUBRO
SÁBADO, 29 DE OUTUBRO
A Coruña: conferencia de Margarita Ledo: Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza
O
martes 27 de setembro, a partir das 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, terá lugar a conferencia de Margarita Ledo sobre Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza, dentro do ciclo Lingua, Literatura e Nación da A. C. O Facho.
A Coruña: Dezasete letras na brétema, conferencia de Alberte Suras sobre Manuel María
O xoves
15 de setembro, a partir das 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar a conferencia Dezasete letras na brétema (unha ollada arredor de Manuel María), a cargo do escritor e profesor Alberte Suras.
Intervención preliminar de Tati Mancebo no VI Encontro de Escritoras/es Novas/os
Este é o vídeo coa intervención premilinar de Tati Mancebo no Encontro de Escritoras/es Novas/os do sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña. Pronunciará a conferencia inaugural baixo o título As revistas literarias na era dixital. Alternativas, ás 10:30 horas:
Si o vello Sinbad volvese…
“”A
estrea de O incerto señor Don Hamlet no Teatro Colón no 59 marcou a miña decisión de dedicarme ao teatro no resto da miña vida”, afirma o dramaturgo Manuel Lourenzo. Menos decisiva foi a influencia que a obra deixou en Ánxeles Cuña quen dirixiu a adaptación que Sarabela Teatro fixo tempo atrás desta obra, unha das máis destacada da literatura galega. Todos eles, xunto con Laura Tato e Euloxio Ruibal falarán mañá da obra dramática de Álvaro Cunqueiro, nun acto coordinado por Henrique Monteagudo, co que se pretende homenaxear ao escritor mindoniense co gallo do centenario do seu nacemento. Culturagalega.org falou con algúns dos presentes nesa mesa redonda para que sinteticen as ideas principais que abordarán nese coloquio (…)”. Vía Cultura Galega.
A Coruña: VI Encontro de Escritoras/es Novas/os: Da tinta á pegada dixital, o 17 de setembro
Chega a VI edición do Encontro de Escritoras/es Novas/os, o sábado 17 de setembro, na Sala Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, onde nos situaremos ao redor da palabra á escoita das ideas e proxectos dos nosos autores e autoras máis nov@s. Unha oportunidade de achegarnos ás novas linguaxes, tecnoloxías e pegadas dixitais que os tempos nos presentan, abríndonos outras posibilidades na comunicación e no diálogo necesario:
A Coruña: exposición No niño novo do vento, e faladoiro sobre A obra dramática de Álvaro Cunqueiro
A
Consellería de Cultura, Editorial Galaxia, e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello da Coruña, presentan a exposición No niño novo do vento, conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro, que estará aberta desde o xoves 8 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, na cidade herculina. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueiriano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía. Editouse así mesmo, como material complementario, un catálogo sobre os contidos da exposición. A inauguración terá lugar o xoves 8 ás 12:00 horas. (…)
O mesmo día, ás 19:00 h., no mesmo recinto, Ánxeles Cuña, Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Laura Tato participarán nun faladoiro baixo o título A obra dramática de Álvaro Cunqueiro.
Intervención de Manuel Forcadela no Vento Lois de Vigo
Vía Lois Pereiro: “O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía (GAELT) baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez, cunha conferencia de Manuel Forcadela, da que reproducimos aquí este documento audiovisual“:

