Bases do XVII Premio de poesía Díaz Jácome

BASES XVII PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

PRIMEIRA. Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.
SEGUNDA. Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ao fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou a declarar deserto o premio.
TERCEIRA. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor.
CUARTA. Deberán presentarse catro orixinais en tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.
QUINTA. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título. En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.
SEXTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 31 de outubro de 2016, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo: Concello de Mondoñedo.Praza do Concello, 1 27740 Mondoñedo (Lugo). Coa indicación: XVII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
SÉTIMA. O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, fará pública a súa deliberación nos primeiros días de decembro de 2016. A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aos autores seleccionados mediante correo certificado. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro. No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
OITAVA. Este concurso consta de tres premios: Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma. Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma. Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
NOVENA. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos. De desexar o autor facer uso dos textos premiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello de Mondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar na publicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores.
DÉCIMA. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
UNDÉCIMA. Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo é Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.
DUODÉCIMA. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
DÉCIMO TERCEIRA. A deliberación do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.

Bases da convocatoria do XI Certame de poesía erótica Illas Sisargas

“Dando continuidade ao que xa se está a converter nunha tradición na convocatoria poética en lingua galega, a Asociación Cultural Caldeirón coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños convoca o XI Certame de poesía erótica Illas Sisargas, dacordo coas seguintes:

PRIMEIRA. Poderán optar ao premio todo os autores de calquera nacionalidade, que presenten obras inéditas de temática erótica e non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega.

SEGUNDA. Os convocantes establecen un premio único dotado con 1.000 € e a publicación da obra premiada na colección Caldeirón, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregarán ó/á gañador/a trinta exemplares.

TERCEIRA. As obras, que serán de temática erótica, terán unha extensión inferior a seiscentos versos, e presentaranse por triplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
As obras presentaranse baixo un título e/ou lema, achegados de plica na que conste o título e/ou o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.

CUARTA. O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de setembro de dous mil dezaseis, e deberán enviarse ó Concello de Malpica de Bergantiños Avda. Emilio González López 1, 15113 Malpica de Bergantiños, indicando no sobre XI certame de poesía erótica Illas Sisargas.

QUINTA. O xurado estará composto por un representante do Concello de Malpica proposto polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, un representante da Asociación Cultural Caldeirón proposto polo Presidente desta entidade e o gañador/a do certame inmediatamente anterior a esta convocatoria, quen poderá ser substituído por outra persoa de relevancia nas letras no caso de que, non lle fose posible acepta-la súa participación. Actuará como secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica, e no seu defecto poderá ser nomeado polo Presidente da A. C. Caldeirón.

SEXTA. Os participantes terán a obriga de comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento no que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posibel única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O premio poderá ser declarado deserto ou compartido “ex aequo” por varios autores/as se o xurado o estima conveniente.
A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2016 e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación, no marco da Cea das Letras, na cal deberá estar presente o/a gañador/a do certame.

SÉTIMA. Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas. Agora ben, os interesados poderán retirar das oficinas do Concello de Malpica, Departamento de Educación e Cultura, as obras non premiadas no mes seguinte ó fallo do xurado a partir do día seguinte serán destruidas.

OITAVA. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Malpica de Bergantiños, 23 de maio de 2016.

O Presidente da Asociación Cultural Caldeirón

Francisco Quiroga López

Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2016

“Axuventude-crea-2016 Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame. Corrección de erros publicada no DOG do 25 de abril de 2016.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2016.
A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Máis información:
981 541 689 / 981 545 702
roteiros.ctb@xunta.es”