“A campaña «Pan con poesía 2007» estase a desenvolver por toda Galicia con distintas poetas, concretamente con dez. Comezou o Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, e rematará o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio.” (La Voz de Galicia)
Arquivo da categoría: Día das Letras
O Día das Letras Galegas no mundo
Aprazada conferencia de Carmen Blanco no Liceo de Ourense
A Conferencia sobre María Mariño de Carmen Blanco prevista para mañá venres 27, no marco do “Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia”, é aprazada para unha nova data que se comunicará, debido a un problema personal da conferenciante. (El Liceo de Ourense)
Conferencia de Pilar G. Negro sobre María Mariño
O martes 24 de abril terá lugar na A. C. Alexandre Bóveda unha conferencia de Pilar G. Negro sobre a figura de María Mariño. Presenta o acto Carmén Fernández Pérez-Sanjulián. Será ás 20:30 horas.
Actividades da A. C. Alexandre Bóveda
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa das próximas actividades previstas:
ABRIL
Martes 10: Presentación do libro de poesía Hoxe que vén o vento do sur, de Miguel Sande, coa participación do autor, de Pilar Pallarés e do editor Miguel Anxo Fernán-Vello, ás 20:30 h., no salón de actos da Asociación.
Luns 16: Curso de Recursos informáticos en galego, que se desenvolverá os días 16, 18, 23, 25 de abril e 2 de maio, de 20:30 a 22:30 hs., coa colaboración de “Net Informática”. Aberto prazo de inscrición.
Martes 17: Curso de Recursos informáticos en galego, que se desenvolverá os días 17, 19, 24, 26 de abril e 3 de maio, de 20:30 a 22:30 hs., coa colaboración de “Net Informática”. Aberto prazo de inscrición.
Martes 24: Conferencia con motivo do Día das Letras Galegas sobre a figura de María Mariño, a cargo de María Pilar García Negro, ás 20:30 hs., no local da asociación.
Mércores 25: Mesa redonda Enerxías renovábeis e desenvolvemento sustentábel, con Anxo Calvo (Director Xeral de Industria), Alexandre García (representante de ADEGA) e Xosé Antonio Diéguez (representante da Asociación de propietarios de terreos VENTONOSO), ás 20:00 h. na Aula de cultura de Caixa Galiza, situada na rúa Médico Rodríguez.
Domingo 29: Excursión para participar na Iª xuntanza de sendeirismo As Mariñas-Culleredo 2007. A ruta partirá dende Orro e inclúe xantar en común co resto de grupos participantes e un percorrido de 15 Km. O prezo é de 10 €. Aberta a inscripción.
AVANCE DO MES DE MAIO
Martes 8 e xoves 10: Curso intensivo de galego, intitulado “Por un modelo digno de lingua”, das 20:00 h. até ás 22:00 hs., no salón de actos da asociación, a cargo dos profesores Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xosé Manuel Sánchez Rei. Inscrición gratuíta.
Martes 22: Conferencia a cargo do escritor portugués José Braga-Amaral, que falará sobre a “A Visión da Galiza na literatura dos escritores do Douro: Miguel Torga, Camilo Castelo Branco e João Araujo-Correia”, ás 20:30 h., no salón de actos da Asociación.
Venres 25: Concerto do grupo Na virada, a presentar o seu último traballo, “Solaina”, ás 21:00 hs., no Fórum Metropolitano do Parque Europa.