
Arquivo da categoría: Divulgación
Compostela: presentación de Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega, de Manuel Gago
A Coruña: Guía de Galicia de Ramón Otero Pedraio: o manual para descubrir un país, por Manuel Gago
A Corunha: conversa com Alva Lourenço e Nee Barros arredor de Guia de linguagem não binária
O Carballiño: presentación de Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos, de Moisés Quintas e Victoria Pérez
A Illa da Arousa: En abril, Libros mil
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do seu socio Manuel Caamaño Suárez
Manuel Caamaño Suárez, escritor, arquitecto técnico e grande activista cultural, faleceu o 5 de abril. Na súa traxectoria, marcada pola posta en valor da arquitectura popular e o seu compromiso político, destaca tamén a dinamización da cultura galega a través da súa participación significativa no Centro Galego de Barcelona, a Agrupación Cultural O Facho, Editorial Galaxia, SEPT, Sociedade Cultural Escola Aberta, ADEGA, Fundación Castelao, as revistas Teima e Tempos Novos e a Fundación Pedrón de Ouro, sendo tamén un dos fundadores do Partido Socialista Galego.
Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz, das que salientamos estas dúas entrevistas realizadas en 2022. A súa obra escrita xirou arredor da reivindicación e actualización da arquitectura galega e a teimosía afectuosa e constante na construción dun país máis xusto e identificado consigo mesmo.
O seu exemplo vital, sempre na busca de novos horizontes para Galiza e a súa cultura partindo do seu inmenso legado, queda como referencia ineludíbel para o presente e o futuro.







