Lisboa: presentacións de A Imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga e A Imagem da Galiza em Portugal, por Carlos Pazos

cartazgz-pt2carlos_lisboa-1

Marcos Pérez Pena: “Na prensa galega da Transición hai titulares que hoxe serían impensables”

Entrevistamarcos-perez-pena-xerais de Montse Dopico a Marcos Pérez Pena en Praza (foto de Xerais):
“”Malia todos os defectos que se poidan detectar na actuación dos medios galegos na Transición e todas as críticas que se lles pode e se lles debe facer, cómpre realizar un acto de recoñecemento ao labor que naqueles anos realizaron tantos profesionais, redactores, fotógrafos, impresores e directivos dos medios de comunicación. Cómpre facer, en xeral, un recoñecemento da profesión xornalística e unha reivindicación da súa función social e da súa autonomía e capacidade de influencia, que tanto parece asustar as propias empresas informativas e os grandes poderes públicos e privados. Durante a Transición houbo un número moi importante de xornalistas galegos que exerceron a súa responsabilidade social, exercendo de voceiros da cidadanía e de defensores da democracia e da xustiza fronte ás forzas reaccionarias”. O xornalista e investigador Marcos Pérez Pena remata con palabras coma estas o seu ensaio A prensa en Galicia na Transición, que vén de publicar en Xerais.
– Praza: O libro é a túa tese, supoño que adaptada. Por que escolliches o tema da prensa en Galicia na Transición?
– Marcos Pérez Pena: O libro é unha versión resumida da tese, si, con menos aparataxe teórica. Fíxenlle ademais algúns engadidos á tese, como algunhas entrevistas e unha introdución máis ampla sobre o contexto xeral. O punto de partida foi un TAD, -o que antes se chamaba Traballo Academicamente Dirixido-. Unha tesiña, que foi o inicio da tese. O meu director, Luís Álvarez Pousa, animoume a estudar esta parte da historia de Galiza e do xornalismo, que está pouco traballada. É un período que aos historiadores quédalles demasiado próximo e aos xornalistas quédalles demasiado afastado…
En España a Transición tampouco está ben estudada, pero si houbo un revival, nos 90, de libros, memorias persoais… Poden ser mellores ou peores, pero en Galicia é unha etapa moito menos estudada. Por iso tiven un dobre traballo: a análise da actuación da prensa neste período e en paralelo un labor que se cadra non me correspondía tanto, pero que había que facer para a tese, que é un relato da Transición en Galicia, da historia da Transición. O obxectivo era analizar a prensa e a súa estrutura, tan importante para explicar o presente. O dominio das grandes familias e empresas da comunicación españolas e galegas non se entende sen a Transición. (…)”

XIII Curso de Formación. A LIX. Relacións texto-imaxe: Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX

A AELG bannerxiiicursousc-aelgcolabora coa Universidade de Santiago mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no XIII Curso de Formación. A LIX. Relacións texto-imaxe: Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX, que terá lugar do 11 ao 18 de novembro de 2016.

O presente curso ten como finalidade formar e informar sobre a representación do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil a partir das relacións texto-imaxe, co obxectivo de salientar aquelas obras que se consideran imprescindibles para a formación lectora no ensino primario e secundario e así axudar á planificación da educación literaria e artística. Esta formación está xeralmente excluída, ou pouco ofertada, nos planos de estudo actuais, malia a súa transcendencia en ámbitos básicos como a formación e comprensión lectora e escrita. Analizaranse obras imprescindibles, realizaranse talleres literarios e artísticos e encontros con autores que representaron estes conflitos nas súas obras. Polo tanto, o tema específico a tratar é Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX.

Datas de realización:
11-12 e 18 de novembro de 2016

Lugares de realización:
– Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa San Roque, 2, 15704, Santiago de Compostela).
– Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela).

Requisitos de acceso:
Mestres/as e profesorado de ensino secundario e bacharelato. Calquera persoa interesada no tema.

Matrícula:
Ata o 10 de novembro de 2016

Prezo e núm. de conta e concepto para efectuar o ingreso:
25 € / BANCO SANTANDER ES40-0049-2584-9022-1400-2210 / Workshop/Seminario e XIII Curso de Formación: “Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre a representación do mundo árabe na LIX”.

Prazos de pagamento de matrícula:
Un único prazo.

Número de prazas:
150

PROGRAMA

Venres 11 de novembro
Lugar de celebración Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Rúa de San Roque, nº 2, 15704, Santiago de Compostela).
17:30-18:00 h. Recollida do material.
18:00-18:30 h. Inauguración.
Secretario Xeral de Política Lingüística, directora do Instituto de Ciencias da Educación, director da Biblioteca Afundación e directoras do curso.
18:30-19:30 h. Conferencia.
Representación do mundo árabe na LIX: unha perspectiva necesaria. Cláudia Sousa Pereira (Universidade de Évora, Departamento de Lingüística e Literaturas).
19:30-20:30 h. Presentación das obras
A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters (Iudicium, 2016), Rocío García Pedreira.
Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX (Xerais, 2015), Armando Requeixo.
Memória(s) e Identidade (Tropelias&Companhia, 2016); Un lustro de lecturas para la infancia y la juventud (USC, 2016), Ana María Porto, directora do Instituto de Ciencias da Educación.
– Revistas Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil (USC) e Boletín Galego de Literatura (USC), Mar Fernández Vázquez.
20:30-21:30 h. Visionado e comentario dun filme.

Sábado 12 de novembro
Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela).
10:00-11:00 h. Como levar ás aulas do ensino secundario as obras imprescindibles sobre a representación do mundo árabe na LIX. Eulalia Agrelo Costas (ICE-USC)
11:00-11:30 h. Propostas para o Taller de Ilustración.
11:30-12:00 h. Descanso.
12:00-13:00 h. Encontro de Marcos Calveiro con Marta Neira Rodríguez (USC).
13:00-14:00 h. Encontro de Fina Casalderrey con Isabel Mociño (UVigo).

Venres 18 de novembro
Lugar de celebración: Biblioteca Afundación (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, 15701, Santiago de Compostela)
18:00-19:00 h. Como levar ás aulas do ensino primario as obras imprescindibles sobre a representación do mundo árabe na LIX. Carmen Ferreira Boo (ICE-USC).
19:00-20:30 h. Taller de ilustración: Achega a propostas artísticas contemporáneas que tratan a representación do mundo árabe. Olalla Cortizas Varela, Cristina Trigo Martínez e Guillermo Calviño Santos (USC).
20:30-21:00 h. Clausura.
Rosalía Fernández Rial, vogal de novos formatos da escrita da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Directora do Instituto de Ciencias da Educación.
Director da Biblioteca Afundación e directoras do curso.
Entrega de certificacións

***

Información
Universidade de Santiago de Compostela – Instituto de Ciencias da Educación (ICE)
Telf. 881814470/881814475/881814478
icesecretaria@usc.es blanca.roig@usc.es
Marta Neira Rodríguez marta.neirarodriguez@ceu.es marta.neira@usc.es

Universidade de Vigo
Isabel Mociño González
imocino@uvigo.es

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
oficina@aelg.org

Biblioteca Afundación
Telf. 981 59 34 67
biblio.santiago@afundacion.org

Colaboran
Biblioteca Afundación
Rede Temática “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI)
Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) – USC
Asociacións: ANILIJ-ELOS; ELOS-GALICIA
Asociación de antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

Directoras
Blanca-Ana Roig Rechou
Carmen Franco Vázquez
Universidade de Santiago de Compostela

Coordinación e secretaría
María Josefa Mosteiro García
Instituto de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela

Marta Neira Rodríguez
Universidade de Santiago de Compostela/Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo

Isabel Mociño González
Universidade de Vigo

Entrevista a Xosé Ramón Pena no Diario Cultural

DesdeXosé Ramón Pena o Diario Cultural da Radio Galega:
“”Un dos aspectos a destacar deste periodo é o afán da procura dunha estética nacional”. Xosé Ramón Pena presenta o volume 3 da Historia da Literatura Galega, que comprende de 1916 a 1936. Pode accederse á entrevista aquí.”

A Coruña: presentación de A poesía de Manuel María, de Camilo Gómez Torres

O camilo-gomez-torres-a-poesia-de-manuel-mariaxoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro A poesía de Manuel María, escrito polo profesor Camilo Gómez Torres. Ademais do autor do libro, no acto de presentación participa Pilar García Negro.

Tabela dos Libros de novembro de 2016, por Armando Requeixo

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

2016_novembro_tabela

A Coruña: presentación de Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena

OXosé Ramón Pena martes 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero e Manuel Bragado.