Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Kathleen March, ler como feminista: ‘Digamos que é o único xeito de ler sendo muller’. A investigadora neiorquina protagoniza a nova edición da Xornada da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Pode accederse á entrevista aquí.”
Arquivo da categoría: Ensaio
Ourense: presentación de Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, de Arturo Reguera
O
xoves 27 de outubro, ás 20:15 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano, de Arturo Reguera, publicado pola Fundación 10 de marzo. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero, Ricardo Gurriarán e Manuel Peña-Rey.
Betanzos: presentación de Todos somos Ulises, de Xavier Seoane
Compostela: A Imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A Imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos-Justo
Vigo: presentación de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem de Galiza em Portugal, de Carlos Pazos
A
segunda feira 24 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Martínez Garrido, 17), preséntanse conxuntamente A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos, publicados por Através Editora.
Ourense: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos-Justo
Vídeo da presentación en Vigo de Non debían medrar e Novas crónicas dunha transición intransixente, de Manuel Lueiro Rey, en edición de Ramón Nicolás
Pontevedra: presentación de Así aprenderán a non ter ideas, de Calros Solla
Nebra (Porto do Son): presentación de Os tráxicos sucesos en Cans (Nebra) 1916, de Manuel Mariño del Río
A Real Academia Galega edita a primeira serie de antoloxías dedicada ás Irmandades da Fala
Desde
a Real Academia Galega (a foto é da RAG):
“A Real Academia Galega presentou o xoves 29 de setembro dous dos primeiros títulos da súa nova colección, Antoloxías da Academia, que arrinca cunha serie que lles rende homenaxe ás Irmandades da Fala no centenario da súa fundación. Alén dunha pequena escolma de textos editada en polo agora presidente da institución en 1977 (ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antón Villar Ponte), estas son as primeiras antoloxías que saen do prelo dedicadas especificamente ás Irmandades e que cobren os distintos xéneros que cultivaron, salientou o propio Xesús Alonso Montero.
O teatro e a oratoria e prosa de non ficción, xéneros en cuxo fomento este movemento puxo especial interese para prestixiar a lingua galega, centran os números que abren o proxecto. A colección concibiuse como un xeito de achegar de xeito atractivo ao público lector contemporáneo escritos fundamentais para entendermos o papel esencial que xogaron as Irmandades na modernización da nosa cultura. Cada escolma vai acompañada dun limiar que facilita a comprensión dos textos e dos seus contextos un século despois.
O responsable da edición de Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía e secretario da Academia, Henrique Monteagudo, e a profesora da Universidade da Coruña Laura Tato Fontaíña, editora do título O teatro nas Irmandades da Fala, compareceron en rolda de prensa acompañados polo presidente da RAG. A serie completarase cunha antoloxía poética, a cargo de Xosé Ramón Pena, e outra de narrativa editada por Ramón Nicolás. (…)”





