A Coruña: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval e proxección de Cortázar Galicia

O soño galego Cortázar 1O soño galego Cortázar 2

Lugo: presentación de Galicia: un pobo con futuro?, en edición de Manuel Blanco Desar

OGalicia un pobo con futuro? mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, Local 4) de Lugo, preséntase o libro Galicia: un pobo con futuro? O noso devalo demográfico, do Instituto de Estudos das Identidades en edición de Manuel Blanco Desar, publicado en Xerais. No acto participan Xosé Ramón Gómez Besteiro, Xosé Manuel González Reboredo, Manuel Bragado e o editor do mesmo, Manuel Blanco Desar.

Helena Miguélez-Carballeira: “A idea da Galicia sensible foi unha forma de desmobilizar as súas aspiracións nacionais”

Entrevista Helena Míguez Carballeira Galiza um Povo Sentimental?a Helena Miguélez-Carballeira en La Opinión:
“A filóloga galega Helena Miguélez presentou o pasado venres no café-libraría Linda Rama o seu libro Galiza, um povo sentimental?, que edita Através Editora. Esta profesora titular de Estudos Hispánicos no departamento de Linguas Modernas da Bangor University (Reino Unido) elabora unha documentada análise arredor da construción do estereotipo de Galicia como un pobo sentimental e morriñento, así como da funcionalidade política que historicamente puido ter este discurso.
– La Opinión: O seu libro céntrase na análise do estereotipo de Galicia como un pobo sentimental. En que consiste esa sentimentalidade?
– Helena Miguélez-Carballeira: A identidade galega moitas veces se vencella á palabra sentimentalidade ou a outros adxectivos que remiten á mesma idea: a de Galicia como un pobo poético, lírico e ao galego como unha lingua musical, cantareira, meiga. Acontece o mesmo coa idea da morriña e a saudade, que se utilizou moito para remarcar esa especie de ser galego como algo máis emotivo que racional. Son palabras que parece que non din nada pero que remiten a iso. Construíuse un estereotipo en torno a Galicia marcadamente sentimental, máis feminino, que se contrapón co político. Esta dicotomía entre masculino-razón e feminino-sentimento é algo moi do século XIX, cando comeza a marcarse a familia e o fogar como o lugar da muller e o traballo e a política como o do home. Partindo disto, creo que o feito de que o galego sexa o feminino foi unha forma de despolitizar e desmobilizar o discurso que estaba nacendo sobre unha posible diferenza ou aspiración nacional galega. (…)”

Ourense: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz

Aconversascomestraviz-250x355 sexta feira 12 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade, publicado por Através Editora. No acto, organizado pola A. C. Auriense, participan, xunto ao autor, Miguel R. Penas e Isaac Alonso Estraviz.