A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento de Xusto Beramendi, membro desta Asociación

Xusto Beramendi, historiador e escritor de ampla traxectoria, finou o 3 de xullo de 2024.

O seu inmenso traballo centrouse na divulgación e análise da historia das ideoloxías e dos nacionalismos, tendo sido recoñecido con importantes premios ao longo da súa traxectoria.

No seu espazo na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra do autor na súa propia voz.

O xoves, quinta feira, 4 de xullo, ábrese capela ardente no Museo do Pobo Galego desde as 10:00 até as 13:00 horas, de corpo presente. Seguidamente terá lugar a celebración dun acto cívico na súa honra.
Anteriormente, o mércores, cuarta feira, 3 de xullo, está no tanatorio Apóstolo Santiago, en Compostela.

Vigo: actividades do 3 de xullo da Feira do Libro 2024

“Un ruído provocado(r) arredor de Luísa Villalta”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Doce voces afondan na obra e na figura da escritora no volume Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Unha “non-biografía” coordinada por Mercedes Queixas e Montse Pena Presas. A entrevista pode escoitarse aquí.”