Indignádevos!, o
opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que está publicado nunha vintena de linguas, pódese ler en galego coa edición que Faktoría K deu a luz nos primeiros días de marzo. Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus rexos 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de foi feita por Fernando Moreiras.
Arquivo da categoría: Ensaio
Vigo: presentación de Aníbal Otero, de Xesús Alonso Montero
O
sábado 5 de marzo ás 12:30 h., no MARCO (Rúa do Príncipe, 54), de Vigo, preséntase Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Antía Cal, Horocel Otero e Manuel Bragado.
Allariz: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., na sede da Fundación Vicente Risco (Rúa San Lourenzo, 3) de Allariz, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Libraría Aira das Letras, intervirá o alcalde de Allariz, Francisco García, así como o propio autor.
Ourense: presentación de O lecer das augas
O
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense (Rúa do Progreso, 30), preséntase o libro O lecer das augas. Historia dos balnearios en Galicia. 1700-1936, publicado en Galaxia. No acto participan Benigno Amor, Víctor F. Freixanes e Luís Alonso Álvarez.
O negro leite da aurora
Novos selos e políticas editoriais para un ensaio vinculado á actualidade
Vigo: presentación de En defensa do poleiro
O
xoves 24 de febreiro, ás 19:30 h., na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro En defensa do Poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no que participaron máis de 60 escritores galegos. Intervirán: Alfonso Eiré, Anxo Angueira, Manuel Vidal Villaverde, Manuel Vilanova, Rafael Laso, Ramón Nicolás, Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo e Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinador).
Moaña: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
venres 25 de febreiro, ás h., na Libraría O Pontillón (Rúa Concepción Arenal, 7, A Seara) de Moaña, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, acompañando ao autor, Benxamín Riobó. Colabora a Mesa pola Normalización Lingüística.
Ferrol: presentación de Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo, tras o acto de lectura de textos de Rosalía
O
xoves 24 de febreiro, ás 19:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina Rúa María) de Ferrol, terá lugar o acto de Lectura simultánea da textos rosalianos organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, presentado por Rosa Méndez e no que lerán un poema de Rosalía: Elia Rico Lagarón, Xosé Leira e Rosa Martínez Dios.
Ás 20:00 h., preséntase o libro de Tareixa Ledo Regal, Lidia Senra Rodríguez. A Historia dun liderado entrañable, publicado en Laiovento. No acto acompañará a autora Teresa Martínez, da Asociación Cultural Fuco Buxán.
Bertamiráns: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
O
xoves 24 de febreiro, ás 20:00 h., no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, preséntase o libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, acompañando ao autor, Rafa Villar e Silvana Castro. Colabora a Mesa pola Normalización Lingüística.