«O xeito de Freud é o título deste libro que o xurado do galardón convocado polo Concello de Bueu –Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto– elixiron por unanimidade despois de caer engaiolados “pola solidez da súa construción” e a súa “complexa elaboración”, así como pola “riqueza que establece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.» (Galicia Hoxe)
Arquivo da categoría: Premios poesía: ditames
María Nieves Soutelo gaña o XX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
(Vieiros)
Concha Blanco gaña o premio Arume de poesía da Fundación Neira Vilas
Valentina Carro Padín gaña o XX Premio de Poesía “Pérez Parallé”
«O xurado formado polos/as escritores/as Lino Braxe e Xiana Arias e a crítica literaria Ana Salgado acordou, o pasado sábado, concederlle o premio desta edición á obra Debaixo de Dziga Verlov hai unha buxaina, da autoría de Valentina Carro Padín, salientando que se trata dunha “aposta de recuperación da mellor tradición vangardista”. […] A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 24 de novembro, a partir das 20 h nos locais do CMI Unidade de Fene.» (Fene Cidadán)
Así mesmo, o xurado acordou conceder un accésit ao libro Metal central, de Alfredo Ferreiro.
Miro Villar gaña o premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil
“A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Pura e Dora Vázquez xa ten gañador: o escritor Miro Villar. E unha finalista, Concha Blanco. Ambos de Cee, coa obra Os poderes máxicos de Aitema.
Villar, profesor de lingua e literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico literario, alzouse co galardón literario polo seu orixinal O nariz de Fiz. Segundo a valoración do xurado, o orixinal do escritor que formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte, «recolle a historia dun particular Pulgarcito galego, trátase dunha historia doutro tempo escrita cun rico léxico e no que se fomentan amplos valores positivos como o de amizade, familia…» […]” (La Voz de Galicia)
María Goretti Fandiño gaña o XXXIII Premio de poesía Concello de Vilalba
Segundo fontes do propio Concello de Vilalba, o primeiro premio foi concedido a María Goretti Fandiño Caamaño, de Vilagarcía de Arousa. O segundo premio será para Xosé Otero Canto, de Ponte Outeiro (Castro de Rei).
Alberte Momán gaña o II Certame de poesía erótica Illas Sisargas
O escritor ferrolán Alberte Momán recibirá o 1º premio do II Certame de poesía erótica Illas Sisargas pola súa obra Baile Àtha Cliath. Asimesmo, o xuri decidiu outorgar un accésit á obra Baixo o Sol de Mesina, de Lino Braxe. O premio foi convocado pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica de Bergantiños.
Yolanda Castaño gaña o XV Premio Espiral Maior
“O premio, convocado para libros de poemas escritos en galego ou portugués, ten unha dotación de 12.000 euros e inclúe a publicación da obra na colección Poesía de Edicións Espiral Maior cunha tiraxe de 2.000 exemplares.
No momento de anunciar o gañador estiveron presentes os membros do xurado e críticos literarios Xavier Baixeras e Xosé María Álvarez Cáccamo, xunto co director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.” (Galicia-Hoxe.com)
Xosé Luís Martínez Pereiro gaña o VIIº Premio Antonio Prados Ledesma de Viveiro
Xosé Luís Martínez Pereiro gaña a sétima edición do Premio Antonio Prados Ledesma do Concello de Viveiro. (Concello de Viveiro)