O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, dentro do ciclo Tertulias do Instituto de Estudos Miñoranos, Aurora Marco falará de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, presentada por Pilar Barreiro.
Arquivo da categoría: Historia
A Estrada: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada, a Asociación Cultural Vagalumes, con motivo do Día Internacional da Muller, realizará un acto de presentación do libro da profesora Aurora Marco Mulleres na guerrilla anfranquista galega, no que se proxectarán imaxes do documental As silenciadas, de Pablo Ces. No acto, xunto á autora, intervirá Francisco Pillado.
Santiago: presentación de Heroes de Galiza e de España
O
xoves 1 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraria Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Heroes de Galiza e de España, publicado por Figurandorecuerdo(s)edicións. No acto intervirán Carlos Callón Torres, Xesús Redondo Abuín e Rosa Espiñeira Pan.
Lugo: presentación do libro Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina
O
mércores 29 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase o libro Emigrante dun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, editado polo Consello da Cultura Galega. Na presentación intervirán Ramón Villares, Benxamín Casal e Claudio Rodríguez Fer. Crónica posterior en El Progreso.
Gondomar: presentación de Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso
O
venres 24 de febreiro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase Vigo a 80 revolucións por minuto, de Emilio Alonso, publicado en Edicións Xerais.
A Coruña: presentación de Xaime Quintanilla Martínez, de Carlos Pereira e Ana Romero
O
venres 17 de febreiro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Xesús Mosquera Sueiro, Felipe Senén e os autores.
Gondomar: faladoiro Galicia: país sen santas, por Ofelia Rey Castelao
O
venres 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, terá lugar unha nova Tertulia do IEM coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao. O faladoiro terá por título Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna, sendo presentada por Xosé Lois Vilar.
Xesús Ferro Couselo e o nacemento de Ourense
Desde Cultura Galega:
“No ano 1968, o intelectual ourensán Xesús Ferro Couselo impartiu esta conferencia, Orixe e formación da cidade de Ourense, como parte da programación inaugural da Agrupación Cultural Auriense. A conferencia foi gravada por Carlos Guitián. Trátase do volume 8 da colección As nosas voces, publicada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega no ano 1996.”
Xuño, Porto do Son: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, e proxección de As silenciadas
O
sábado 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura (Lugar da Agra, s/n, a carón do Centro de Saúde) de Xuño (Porto do Son), preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, en que se proxectará o documental As silenciadas, de Pablo Ces, e organizado pola A. C. Barbantia, participarán, xunto á autora do libro, Pablo Ces e Xesús Laíño.
Santiago: presentación de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, publicado en Xerais. No acto, xunto autor, participan Víctor Santidrián e Manuel Bragado.