Desde Cultura Galega:
“Cada ano 20 especialistas en literatura infantil e xuvenil selecciona, entre as doazóns que recibiu a biblioteca durante o ano, as obras coas que a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Xuvenil Internacional) elabora un catálogo con 200 títulos, publicados no ano anterior, procedentes de 57 países e escritos en 39 linguas diferentes. Na actualización deste 2023 recóllense tres libros do sistema editorial galego, un deles a obra gañadora do Premio Lazarillo 2022, A lebre mecánica (Eds. Xerais) de Ledicia Costas, no seu orixinal en galego, e outros dous en castelán de dúas editoras galegas, aínda que teñen edición traducida ao galego: A nota, de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán en Kalandraka; e Peixe, de Emilio Urberuaga e Javier Zabala, publicado por Bululú. The White Ravens é, xunto coa Listaxe de Honra do IBBY, unha das distincións máis importantes da literatura infantil e xuvenil do planeta.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Rodeiro: presentación de Antón e a Moura do Lameiro de Viana
Gondomar: Ciclo Literario Miñorán 2023, con Iria Misa, Fran Alonso e Marta Dacosta
María Canosa: conferencia “As miñas protagonistas femininas”
O 19 de outubro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública da Coruña González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n), na Coruña, María Canosa falará sobre “As miñas protagonistas femininas”, onde contará a súa experiencia como lectora e escritora, facendo un percorrido histórico polos libros que conformaron as súas lecturas e os que resultaron da súa propia traxectoria literaria.
A Coruña: presentación de A pioneira, de Héctor Pena
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023. A dramatización na formación da identidade lectora
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A dramatización na formación da identidade lectora é unha actividade coordinada por Isabel Mociño, Carla Míguez e Verónica Pousada Pardo (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Vaise desenvolver o 25 e 31 de outubro e o 8 e 15 de novembro, ás 18:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. O programa pode descargarse aquí.
As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, aquí.
Rcoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O programa é o seguinte:
25 de outubro
Inauguración
Raquel Castro
Aprender sentindo, o teatro máis ca un xogo nas aulas
31 de outubro
Paula Carballeira
Breves instrucións para ler teatro
8 de novembro
Antón Cortizas
E se a escola fose un teatro? A tradición oral como recurso educativo
15 de novembro
Carlos Labraña
Non dramatices!!! Censura e autocensura no teatro infantil
Canido, Ferrol: Dia da criança galegofalante
A Coruña: VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, o 17 de outubro
A AELG colabora coas VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A actividade terá lugar o 17 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.
O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Bea Gregores.
– Óscar Villán.
Compostela: presentación de Poder non é querer, de Noela Rivas Cantelar
Vigo: conferencia Como auga en copa de cristal tallado, con Fina Casalderrey
Como auga en copa de cristal tallado é o título da conferencia que ofrece Fina Casalderrey o 26 de outubro, a partir das 10:30 horas, ao alumnado da Escola Universitaria CEU de Maxisterio (Estrada de Madrid, 8, en Vigo).
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.