Arquivo da categoría: Institucións
Asemblea do Pen Clube
A Real Academia Galega recupera o Boletín cun número sobre Ramón Piñeiro
Preto de trescentos mil euros para asistir ás Feiras Internacionais do libro máis importantes
Francisco Castro, novo presidente de Gálix
Carvalho Calero volve ter casa
O Consello da Cultura Galega aprobou o programa de actividades-2011 con atención especial á conmemoración do I Centenario de Álvaro Cunqueiro
O tamaño da industria cultural galega medra un 2,33%
(Xunta)
Santiago: acto de homenaxe institucional a Francisco Fernández del Riego
A
Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Penzol e a Editorial Galaxia realizan unha homenaxe conxunta a Francisco Fernández del Riego, que terá lugar o mércores 1 de decembro a partir das 17:00 h. no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Consello da Cultura Galega e Instituto Cervantes asinaron un protocolo xeral de colaboración durante tres anos
O
Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes asinaron o seu primeiro protocolo xeral de colaboración, cunha inicial vixencia de tres anos, para o desenvolvemento de accións e iniciativas conxuntas de difusión da lingua galega e de impulso da diversidade cultural de Galicia. Ramón Villares, Prsesidente do CCG, e Carmen Caffarel, Directora do Instituto Cervantes, subliñaron “a importancia da cooperación institucional” e felicitáronse polo acordo alcanzado. A sinatura fíxose na Biblioteca do CCG, onde previamente a Directora do Instituto Cervantes mantivo un coloquio con representantes de diferentes entidades culturais galegas e reflexionou sobre Presenza da cultura galega na rede do Instituto Cervantes. O protocolo asinado establece as bases de colaboración entre o Instituto Cervantes e o Consello da Cultura Galega e fixa as seguintes liñas:
-Divulgación do coñecemento da lingua galega, con atención preferente á tradición literaria.
-Planificación e execución de actividades culturais en todas as súas manifestacións e formas de expresión que permitan mostrar a riqueza e a diversidade cultural de Galicia.
-Promoción, mediante o reforzo de colaboración, de programas ou iniciativas culturais de interese para a súa difusión nos centros do Instituto Cervantes no exterior e que desenvolva o Consello da Cultura Galega.
-Potenciación da participación e do interese das empresas de Galicia polas actividades que desenvolvan o CCG e o Instittuto Cervantes no exterior co fin de que contribúan ao seu financiamento a través do patrocinio.
A nova completa pódese consultar aquí. Tamén ven comentada en Galicia Hoxe e Xornal.