María Xosé Porteiro - DELEGACIÓN XUNTA de GALICIA - 25 de Mayo, 555, PB - CA Buenos Aires (Clicar na foto para ver)
Arquivo da categoría: Institucións
“The Galician Way”, unha nova promoción da cultura galega
«A Consellaría de Cultura quere facer da cultura galega a canle principal para a proxección de Galiza no mundo. O forte impulso que durante esta lexislatura lle deu o departamento que dirixe Ánxela Bugallo á promoción no exterior da nosa cultura e dos nosos creadores potenciaranse co lanzamento de “The Galician Way” unha marca con imaxe unificada para a exportación da música, a literatura, as artes escénicas, as artes plásticas e o audiovisual galegos.
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, presentaron as liñas que marcarán o traballo a prol da proxección exterior da cultura galega no bienio 2009-2010. A partir da base sólida do traballo dos últimos catro anos, artellarase un novo impulso para a promoción internacional sustentado na creación e desenvolvemento das ferramentas específicas necesarias.
A primeira destas ferramentas é a creación da marca e a imaxe “The Galician Way”, un paraugas baixo o que se agrupan marcas específicas para a proxección exterior de cada un dos sectores da nosa cultura: “Galician Tunes” (música), “Galician Books” (literatura), “Galician Art” (artes plásticas), “Galician Shows” (artes escénicas) e “Galician Films” (audiovisual). A web thegalicianway.com agrupa toda a información dirixida ao exterior referida a estes cinco campos da cultura galega.[…]» (Consellaría de Cultura e Deporte)
Compostela: I Congreso Internacional ‘Lugares de Cultura’
Do 21 ao 24 de xaneiro de 2009 terá lugar en Compostela I Congreso Internacional ‘Lugares de Cultura’, que
«pretende xerar un debate que se enmarca dentro dun ámbito de reflexión teórico máis amplo, o da cultura e o desenvolvemento. Dentro deste marco, abordarase o papel que xogan os equipamentos culturais como ferramenta de desenvolvemento dos territorios.» (Lugares de Cultura)
Tui: a RAG organiza o Congreso Álvarez Blázquez
A Real Academia Galega organiza o Congreso Álvarez Blázquez que terá lugar no Teatro Municipal de Tui os días 11, 12 e 13 de decembro de 2008. Ver programa.
A biblioteca privada de Jenaro Marinhas del Valle doada á Biblioteca Nacional de Galicia
A Real Academia Galega dixitalizará os seus fondos
Compostela: Seminarios de linguaxe non sexista
Data límite de inscrición (gratuíta): 17 de novembro. O obxectivo principal destes seminarios é analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos e facilitar recursos para evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de sexo. Máis información na web do Consello da Xuventude de Galicia.
Porto: 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil
Con motivo dos 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil que teñen lugar na Biblioteca Almeida Garret do Porto os días 14 e 15 de novembro, está prevista a inauguración da exposición O album galego (O libro ilustrado de 1997 a 2007). O acto terá lugar o venres día 14 ás 15:45 (hora portuguesa) na Biblioteca Almeida Garret do Porto (Rua D. Manuel II – Jardins do Palácio de Cristal).
(Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural – Consellaría de Cultura e Deporte)
Vigo: campaña de fomento da lingua “Cantar e contar: ler na nosa lingua”
A campaña de fomento da lingua galega “Cantar e contar: ler na nosa lingua”, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial Kalandraka, comezou este venres en Vigo. (Kalandraka)
Actos no 60º aniversario dos asasinatos de Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso
PROGRAMA DE ACTOS CONMEMORATIVOS 60º ANIVERSARIO DOS ASASINATOS DOS DIRIXENTES COMUNISTAS ANTONIO SEOANE SÁNCHEZ E JOSÉ GÓMEZ GAYOSO Sigue lendo
