O
luns
2 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Salvador García-Bodaño e o poeta polaco Adam Zagajewski. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2015.
Arquivo da categoría: Internacional
A Coruña: recital de Vicente Araguas e Sholeh Wolpé no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 26 de outubro
O
luns
26 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Vicente Araguas e a poeta iraniana Sholeh Wolpé. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outubro 2015.
Programa de Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética
Con barqueira e remador. IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética
A AELG colabora, canda o Concello de Pontevedra, no acto do mércores, 21 de outubro, ás 21:20 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra). Mostra tanto do traballo poético das persoas participantes no obradoiro como do labor de tradución ao galego desenvolvido durante o proxecto.
Miguel Anxo Fernán Vello intervén na Feira Internacional do Libro de México D. F.
Desde
Sermos Galiza:
“Convidado polo Goberno da Cidade de México, Miguel Anxo Fernán Vello representou a Galiza o sábado 17 de outubro na XV Feira Internacional do Libro no Zócalo, unha feira na que participan tamén autores do Reino Unido como Ben Brooks, Sean O’Brien e Michael Hofmann e os españois Almudena Grandes, Ángel Petisme e Luis García Montero, amais dun bo número de autores e autoras de Latinoamérica.
Ademais, a instancias do Seminario de Cultura Mexicana e da Universidade Autónoma de México (UNAM), Fernán-Vello participará como poeta no XVII Encontro de Poetas do Mundo Latino, que terá lugar entre o 22 e o 28 de outubro en México D.F. e tamén en Aguascalientes e San Luis de Potosí. Neste encontro cultural estarán presentes poetas como o peruano Eduardo Chirinos, a italiana Cinzia Marulli, o colombiano William Rouge, o venezolano Antonio Trujillo e a hondureña Mayra Oyuela, xunto poetas mexicanos e doutros países americanos.”
Agustín Fernández Paz e Miguelanxo Prado, candidatos ao Premio Astrid Lindgren
Desde
Sermos Galiza:
“Dous dos mellores representantes da factoría cultural galega figuran entre os candidatos ao Premio Astrid Lindgren de literatura infantil e xuvenil.
Hai 215 candidatos de 59 países, segundo anunciou onte o Goberno sueco na Feira do Libro de Frankfurt. Entre os que optan ao premio tamén se encontran a autora portuguesa Maria Teresa Maia, a ilustradora vasca Elena Odriozola ou o escritor catalán Jordi Sierra i Fabra.
O Premio Astrid Lindgren Memorial está organizado polo Goberno sueco para recoñecer a traxectoria de Astrid Lindgren, creadora de Pippi Langstrump. Outórgase anualmente un autor/a de literatura infantil e xuvenil, un ilustrador/a ou un promotor da lectura en calquera país. É un dos principais premios a nivel mundial da literatura para nenos/as e mozos/as.
Tanto Fernández Paz como Miguelanxo Prado teñen un extenso historial de premios no seu haber, tanto nacionais como internacionais. (…)”
Yolanda Castaño, a un paso do Premio Nacional de Poesía, desde Canadá
“Finalista
do Premio Nacional de Poesía, A Segunda Lingua (Premio Fundación Novacaixagalicia, 2014), a última entrega poética da compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, quedaba recentemente ás portas do máis alto galardón do Estado. Logo de pasar oito de nove roldas de votación, na última delas o xurado decantábase por Luis Alberto de Cuenca, deixando a Castaño sen acrecentar o único nome galego que conta a historia deste recoñecemento poetico: Manuel Álvarez Torneiro no ano 2013.
A escritora estivo estes días no Canadá, facendo parte do XXXI Festival Internacional de Poesía de Trois-Rivières. A pesar de ser o máis lonxevo de Norteamérica e terceiro do mundo, este encontro mundial de autores nunca contara cun/a poeta de Galicia nas súas trinta anteriores edicións. Entre outros e outras participantes dos catro continentes, Castaño ofreceu máis de vinte recitais en galego e en tradución ao francés neste festival francófono que se celebra durante dez días de outubro cada ano no Quebec.”
Onte 1458: Sete traducións ao inglés, por Manuel Bragado
Desde
Brétemas, de Manuel Bragado:
“No Día Internacional da Tradución recibimos un agasallo inesperado, unha caixa de libros de Small Stations Press con exemplares das súas sete traducións máis recentes de literatura galega: One Million Cows de Manuel Rivas, Vicious de Xurxo Borrazás, Soundcheck de Miguel Anxo Murado, Polaroid de Suso de Toro, Winter Letters de Agustín Fernández Paz, I love you Leo A. de Rosa Aneiros e Dragal II. The Dragon’s Metamorphosis de Elena Gallego. Unha saída histórica en inglés para a nosa literatura contemporánea, á que non son alleos nin os esforzos do editor e tradutor Jonathan Dunne que abriu dúas coleccións específicas, Galician Wave e Fiction, como as importantes axudas achegadas pola Consellaría de Cultura para estas traducións. Esta oferta de Small Stations constitúe unha gran oportunidade para a visibilización da nosa narrativa actual tanto nos mercados internacionais de editores como no dificilísimo mercado interior do Reino Unido. Unha excelente noticia que celebramos no Día da Tradución.”
Entrevista sobre O álbum de Garrincha con Beatriz Maceda
Desde
Galaxia:
“Beatriz Maceda falou onte con Xesús Gómez Miño sobre O álbum de Garrincha, para o programa de radio Sempre en Galicia que se emite desde Montevideo (Uruguai) na AM 770 Radio Oriental, escoitada tamén na Arxentina. O programa Sempre en Galicia, decano na diáspora en galego, levou nunha mañanciña xa primaveral en Montevideo á comunidade galega “un vento dende a beiramar do Orzán” a través das palabras da escritora. A entrevista foi, en palabras do seu conductor, “ese aire fresco que rezuma a terra, a lingua e as lendas das idas e voltas que son a nosa vida de migrantes”. Pódese escoitar o audio aquí:”
A esmorga cruza fronteiras
Desde
Galaxia:
“O filme baseado na novela de E. Blanco Amor acaba de ser seleccionado para participar na Sección Oficial a competición do “XX Festival du Film Espagnol de Toulouse” (Francia). A cinta de Ignacio Vilar, A esmorga, proxectarase os vindeiros 6 e 9 de outubro e estará arroupada no Festival pola presenza do director, Ignacio Vilar, e o actor Antonio Durán “Morris”.
Logo dun verán de pases ao aire libre por toda Galicia, como xa vén sendo habitual nas longametraxes de Vía Láctea Filmes, a historia do Cibrán, o Bocas e o Milhomes segue a conquistar o público galego. Concretamente ao pase que tivo lugar o pasado sábado 12 de setembro no Castelo da Guarda (Pontevedra) asistiron preto de 1.000 espectadores, que ademais tiveron a oportunidade de participar nun coloquio posterior á proxección co director, Ignacio Vilar, e o actor Antonio Durán “Morris”.
Tendes máis información aquí.”
Eppur si muove, por Dolores Vilavedra
Agradecemos
a Inmaculada Otero Varela o envío desta información:
“A web italiana Insula Europea acolle unbalance da produción editorial galega dos últimos meses que realiza a profesora da USC e crítica literaria Dolores Vilavedra. O texto traducido ao italiano por Marco Paone a Attilio Castellucci pódese consultar nesta ligazón. E nesta pode consultarse a versión orixinal en galego.”



