Compostela: actividades do 2 de maio da Feira do Libro 2022

Actos expansivos 25 anos con Lois Pereiro

Compostela: presentación de Poemas de Amor en Outono, de Toño Núñez

O xoves 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, Toño Núñez presenta o libro Poemas de Amor en Outono. Acompañarano Armando Requeixo e Nacho Alonso. Tamén recitarán os poetas Antom Laia, Ánxela Gracián, Eva Xanim, Iolanda Aldrei e Xesús Manuel Valcárcel. O cantautor Miguel Alonso dará as notas musicais.

Letras en familia, por Armando Requeixo

DesdeArmando Requeixo 2015 Criticalia, de Armando Requeixo:
“(…) Galicia tamén deu ao mundo familias literarias de mérito. Só cómpre lembrar o rexionalista Uxío Carré Aldao e os seus tres fillos Uxío, Leandro e Lois Galo Carré Alvarellos; os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte, fundadores e destacados persoeiros das Irmandades da Fala; Vicente Risco e o seu fillo Antón; Álvaro Cunqueiro e o seu fillo maior César; Fermín Bouza Trillo, o seu fillo Bouza-Brey e o seu neto Bouza Álvarez; e, mais nos nosos días, os irmáns De Toro (Suso, Xelís e Antonio Raúl), Villar (Miro e Rafa) ou Valcárcel (Xulio e Xesús Manuel), Xosé Luís Méndez Ferrín e María Xosé Queizán e as poetas Cristal Méndez Queizán e Oriana Méndez; Uxío Novoneyra e a súa filla Branca; Roberto Vidal Bolaño e o seu fillo Roi Vidal Ponte ou, por non ser prolixo, as Brontë galegas, as tres irmás poetas Andrea, Lara e Marcela Porto Mato.
Agora ben, se hai un caso entre nós que destaca pola súa admirable recursividade ese é o da familia Álvarez, insólita saga recollida no libro Escolma de familia (2000). Unha historia literaria que se remonta ao século XIX co bisavó dramaturgo e ensaísta Emilio Álvarez Giménez, que pasa polo avó poeta Xerardo Álvarez Limeses, os seus fillos Emilio e Xosé María Álvarez Blázquez ―polígrafo consumado que tiña un curmán, Emilio Álvarez Negreira, tamén escritor― e os fillos deste, Afonso, Xosé María e Celso Álvarez Cáccamo, poetas e narradores.”

Entrevista a Xesús Manuel Valcárcel en Insula Europea

AXesús Manuel Valcárcel web italiana Insula Europea acolle a entrevista que Marco Paone realiza ao escritor Xesús Manuel Valcárcel. O texto italiano pódese consultar na seguinte ligazón. Tamén se pode acceder ao texto galego aquí. A web Insula Europea, dirixida polo profesor da Universitá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas do continente, entre elas a galega.
Agradecemos a Inmaculada Otero Varela o envío da información.

A Coruña: Nimbos. Simposio Díaz Castro

Simposio_D_az_Castro_11-12-_2014_

A Coruña: charla de Xesús Manuel Valcárcel sobre Xosé María Díaz Castro

O venres 16 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n.) da Coruña, Xesús Manuel Valcárcel falará sobre Xosé María Díaz Castro: poesía galega da paisaxe. Tamén se inaugura a exposición que organiza a propia Biblioteca arredor da figura de Díaz Castro.

Ribeira: conferencia O multifacetismo emprendedor de Paz Andrade, por Xesús Manuel Valcárcel

O xoves 26 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Municipal de Ribeira, e dentro dos Xoves Literarios, terá lugar unha conferencia de Xesús Manuel Valcárcel sobre O multifacetismo emprendedor de Paz Andrade, na que se afondará na figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.