«Durante a primeira semana do vindeiro mes de xuño, a escritora e catedrática de Lingua e Literatura galegas no IES de Cacheiras (Teo), Esperanza Mariño Davila, impartirá un ciclo de conferencias sobre a vida e a obra de Uxío Novoneyra (Letras Galegas, 2010), a varias asociacións galegas en Suíza, por iniciativa da Federación de Sociedades Galegas en Suíza, dirixida por Pedro Hombre (presidente) e Cristina Pena (secretaria).
O programa a desenvolver é o seguinte:
-Día 3 de xuño: Centro Galego de Zug e Promoción da Cultura de Zürich.
-Día 4: Asociación Lucerna.
-Día 5: Centro Galego de Lucerna.
-Día 6: Centro Galicia de Olten e Irmandade Galega de Xenebra.
En todos estes actos a profesora Esperanza Mariño vailles entregar para as bibliotecas destas sociedades de emigrantes Galegos en Suíza exemplares do “Dicionario”Uxío Novoneyra, editado por tresCtres Editores, 3C3, do que é autora. Esta será a segunda ocasión na que esta escritora se desprazará a Suíza para impartir un ciclo de conferencias sobre o personaxe homenaxeado no Día das Letras Galegas. En 2007 faloulles a diversas sociedades de emigrantes galegos no país helvético sobre a figura María Mariño, deixando alá exemplares doutra obra da súa autoría: o “Dicionario”María Mariño, tamén editado por 3C3.»
«Un ano máis, está a ter lugar en Eslovenia un obradoiro de tradución poética que reune –dende o pasado sábado 29 e durante unha semana- a 7 poetas chegados de linguas e tradicións literarias ben diferentes co obxectivo de compartir un traballo presencial e conxunto de tradución das súas obras ás linguas representadas. Organizado polo “Centro para a Literatura Eslovena” e coa colaboración doutras entidades do país, cada ano un fío conductor agrupa aos convidados, que nesta ocasión reunirán linguas dun elevadísimo número de falantes xunta outras minorizadas. Así, traducirán os textos do resto de compañeiros os poetas Antoine Cassar para o maltés, Xi Chuan para o chinés, a india Mamta Sagar para a lingua canaresa, Stanislav Lvovsky para o ruso, Veronika Dintinjana para o esloveno, para o xaponés Yasuhiro Yotsumoto e para o galego 

O SNL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a terceira edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros, que ten como obxectivo proporcionarlle ao alumnado un achegamento á lingua e á cultura propias de Galicia combinando as actividades teórico-prácticas con actividades culturais. (
Alberto Manguel