O
sábado 28 de decembro, ás 17:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, terá lugar a actividade titulada O Rei da Floresta, de Adela Figueroa e Xaquín Facal, contacontos con música sobre o Apalpador, o Cabaliño das Queirugas ou a Fada Mirnaia, entre outros personaxes de ficción, destinado ao público máis novo.
Arquivo da categoría: Música
Vigo: presentación Abuelita-Avoíña, de Moncho Iglesias
A Coruña: encontro literario con César Morán e Calros Silvar
A Coruña: recital de poesía e música con Correa Corredoira, Olga Patiño e Xavier Seoane
Rosalía, letrista do ano
Desde
Sermos Galiza:
“Se algunha conclusión se pode tirar conta de discos deste 2013 a piques de rematar é que Rosalía se consolida como a maior letrista para a nosa música. Uxía, Tempo Catro, Najla Shami, Aid, Xosé e Xiana Lastra con María Manuela e Mini e Mero, Narf, Joaquín Pixán con Alejandro Zabala e agora A Cada Canto, entre outras propostas, puxéronlle música aos seus poemas.
Aid con Rapoemas ou Abe Rábade, Anxo Angueira e Guadi Galego con Rosalía XXI adiantaron o que sería o grande ano de Rosalía como letrista, na estala de Amancio Prada, Los Tamara ou Luz Casal, todas elas voces para a grande poeta que vería como o 2013 coa conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos se convertería tamén nunha explosión de publicacións nas que os seus poemas pasarían a ser cancións nos máis diversos ritmos, en ampla variedade de estilos. (…)”
Lugo: presentación do libro-CD O Rei da Floresta, de Adela Figueroa
Santiago e Gondomar: Todo roto, con I. A. R. Legido e Xelís de Toro
Santiago: presentación de Moralla, de Yolanda López
Pontevedra: presentación pública do proxecto A memoria das mulleres
O
xoves 19 de decembro, ás 19:30 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, preséntase o proxecto A memoria das mulleres. No acto, de carácter público, darase o coñecer o consello asesor deste programa de investigación e divulgación da historia e da memoria das mulleres de Pontevedra, composto por María Xesús López Escudeiro, Teresa Casal, Salomé Álvarez Blanco, Carme Vidal, Aurora Marco, Pilar Allegue, Cristina González, Charo Portela Yáñez, Patricia Arias, Carmen Suárez, Montse Fajardo e Xosé Álvarez Castro.
Tamén terá lugar unha intervención de Aurora Marco, baixo o nome de Semblanza de mulleres pontevedresas, e, para finalizar, as actuacións do grupo de pandereteiras Adonairare e da cantante pontevedresa Ángeles Ruibal.
Nace Ith, a plataforma galega para o crowdfunding literario
Desde
Cultura Galega:
“”Unha plataforma literaria baseada no financiamento colectivo que busca crear unha comunidade de lectores arredor de proxectos literarios moi especiais”. Este é o xeito no que se presenta Ith Crowdfunding, unha plataforma galega que xorde da Fundación Uxío Novoneyra co apoio do Ministerio de Cultura. Para alén de conseguir financiamento para novas propostas de escrita, o web pretende servir para pór en contacto persoas afeccionadas á lectura mediante a sección A Caixa de Ith. Polo momento, están xa abertos dous proxectos: Primeiros auxilios, iniciativa poético-musical do dúo Cintaadhesiva e mais a edición do caderno de escena en formato e-audiolibro de PULP, espectáculo de Fantoches Baj a partir de poemas de Lois Pereiro.”





