Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2022 en Vigo

Estas son algunhas das fotografías do acto en Vigo do Día de Rosalía de Castro 2022, que tivo lugar o 23 de febreiro, organizado pola AELG e a A. C. O Castro, co apoio de CEDRO. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (estas fotos foron feitas por Alexandre Insua, da A. C. O Castro.

A Coruña: Día de Rosalía de Castro 2022


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración coa A. C. Alexandre Bóveda e a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, celebra o Día de Rosalía 2022 na Coruña, o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía, coa lectura do manifesto da AELG pola súa autora, Beatriz Maceda Abeleira, e unha posterior lectura pública da obra de Rosalía, con actuación musical a cargo de Os Peregrinos e Lia Palmina.

Actos da Fundación Rosalía de Castro no Día de Rosalía 2022

Desde a Fundación Rosalía:
“Propoñémosche celebrar así o Día de Rosalía:
Le a súa obra
Fai un Caldo de Gloria na túa casa ou nun local. Explicámosche como.
Únete á Alborada para Rosalía e toca este tema en calquera lugar do mundo.
E estes son os actos nos que participaremos o 23 de febreiro:
– 10.00. Alborada cos Carapaus diante da Estatua de Rosalía en Padrón
– 11.00. Acto, Alborada cos Carapaus e ofrenda na Praza de Vigo de Santiago, preto do lugar onde naceu a autora.
– 12.00. Acto institucional no Hostal dos Reis Católicos. Con lectura de poemas rosalianos e a actuación musical de Xisco Feijoo.
– 13.30. Plantación dunha filla da Figueira de Rosalía en Luou (Teo).
– 17.00. Plantación dunha filla da Figueira de Rosalía en Dodro (Concello).
– 19.00. Celebración do Día de Rosalía na Deputación de Pontevedra.”

Monforte de Lemos: Xornada “Cen anos soñando o destino”

Máis información e inscrición aquí.

Vilalba: Xornadas rosalianas 2022