Arquivo da categoría: Narrativa
Santa Comba: presentación de Vinte poemas de amor e unha canción desesperada e Crónica dunha morte anunciada
Vigo: presentación de Os tardeiros e O neno perdido e conversa sobre a tradución literaria galega
Bases do XXXI Concurso Literario Xaime Illa Couto
Pontevedra: presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales
Pontevedra: Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Narrativas XXI, impartido por Xosé Monteagudo
O Obradoiro de creación literaria Narrativas XXI, impartido por Xosé Monteagudo, e cunha sesión especial con Ledicia Costas, en Pontevedra, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.
Porque todo mudou nos últimos vinte anos. Porque a literatura non é unha excepción ancorada no tempo. Porque os temas e as técnicas, as autorías e os públicos lectores, os medios de edición e as canles de promoción tamén cambiaron no mundo da novela, cómpre reelaborar a aprendizaxe narrativa. Sen descoidar as técnicas fundamentais, en Narrativas XXI analizaremos as formas actuais da novela, prestando especial atención aos enfoques novidosos e ás modalidades mixtas do relato. Un obradoiro no que se combinarán as explicacións teóricas coa práctica das persoas matriculadas, facilitando dese xeito unha aprendizaxe colectiva na procura da maior efectividade literaria para as historias que se escriban.
– 12 prazas, para persoas maiores de 18 anos.
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Calendario
– Días:
Venres 10, 24 e 31 de marzo; venres 14, 21 e 28 de abril; 5, 19 e 26 de maio; e venres 2 de xuño de 2023.
– Horarios:
Venres 10 de marzo, de 17:00 a 19:00 h.
Venres 24 e 31 de marzo, venres 14, 21 e 28 de abril; e 5, 19 e 26 de maio, de 17:00 a 19:30 h.
Venres 2 de xuño, de 17:00 a 19:00 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Lugo: presentación de As voces amadas, de Lois Diéguez
Arantza Portabales: sinatura de exemplares de O home que matou a Antía Morgade na Coruña
Sada: presentación de Os derradeiros días de Ulises e Penélope, de Rubén Anido Regueiro
Fina Casalderrey, proposta para o Premio Hans Christian Andersen, o ‘Nobel’ da literatura infantil
Desde Pontevedra Viva:
“A escritora pontevedresa Fina Casalderrey é, desde hai anos, unha das grandes referencias da literatura infantil española. Por iso é polo que non sexa de estrañar que fora proposta para gañar o Premio Hans Christian Andersen, coñecido como o ‘Nobel’ da literatura infantil.
Así o acordou a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e da Xunta de Galicia.
O Premio Hans Christian Andersen é o máis alto recoñecemento internacional que se concede a un autor vivo neste xénero.
O galardón concédeo a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) desde o ano 1956 a partir das propostas que realizan as propias seccións nacionais.
O fallo do xurado farase público na Feira do Libro Infantil de Bolonia en 2024.
A entrega dos premios realizarase no marco do 39 Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Trieste (Italia) do 30 de agosto ao 1 de setembro de 2024.
Xunto a Fina Casalderrey, a sección española desta organización propuxo para o Premio Hans Christian Andersen á ilustradora vasca Elena Odriozola para a categoría de ilustración.
O xurado internacional que elixirá á persoa que recibirá este premio está integrado por profesionais do sector chegados desde Rusia, México, Estados Unidos, Austria, Arxentina, Líbano, Alemaña, Finlandia, China, Eslovenia e Francia.”