
Arquivo da categoría: Narrativa
Padroso, Xunqueira de Ambía: Homenaxe ao Carballo de Padroso, o 12 de xullo
Vigo: actividades do 3 de xullo da Feira do Libro 2025
Vídeo do Simposio Luísa Villalta. Mil son eu tan só, tan soa, que tivo lugar o 20 de novembro na Coruña
Bases da V edición do Certame Literario Pinto e Maragota
Vigo: actividades do 2 de xullo da Feira do Libro 2025
Crónica fotográfica do Roteiro Sempre en Galiza. Sempre con Castelao, con Pilar García Negro, na Coruña
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Sempre en Galiza. Sempre con Castelao, guiado por Pilar García Negro, celebrado o pasado 28 de xuño. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Razo (Carballo): Ruta Razo-As Torradas, con Xabier Maceiras, o 5 de xullo
“O sábado 5 de xullo, ás 10:00 horas, terá lugar o inicio da Ruta Razo-As Torradas, da man do investigador e divulgador Xabier Maceiras, coa que poderás saber máis sobre a historia do noso litoral nunha ruta guiada desde Razo ata As Torradas, a terceira fase do percorrido pola costa carballesa despois das rutas Furna Furada – A Pedra do Sal e A Pedra do Sal – Razo. As persoas participantes serán recollidas nas Torradas por un autobús que as trasladará ata o punto de saída, en Razo. A ruta xirará en torno ao libro Contos mariños de Carballo, do propio autor.
Dirixido a: calquera idade (menores acompañados)
Límite de prazas: 20
Coordina: Xabier Maceiras
Para máis información: medioambiente@sihaho.com”
















