María Reimóndez: “O único non realista da novela é o final”

EntrevistaMaría Reimóndez a María Reimóndez en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Abusos sexuais, corrupción, prostitución. ¿É o libro [A dúbida] un retrato demasiado amargo da sociedade actual?
– María Reimóndez (MR): É un retrato realista da sociedade na que vivimos, que non queremos moitas veces recoñecer. E un dos problema máis importantes á hora de falar de abusos sexuais a menores é precisamente esa invisibilidade da propia situación. Esta novela busca poñer ás persoas que len na situación de dubidar do que nos rodea. (…)
– LVG: ¿Unha novela tan dura é necesario que remate moderadamente ben?
– MR: É importante dende o punto de vista de que, por desgraza, aínda que hai moitas persoas que non somos vítimas de abusos sexuais na infancia, si que hai moitas que foron. A literatura tamén está creando sociedade, e dende ese punto de vista hai que ter coidado coas mensaxes que se transmiten, e ter respecto polas persoas que pasan por este tipo de situacións. Por desgraza, a novela nese punto ao mellor é o único non que non é realista porque é certo que a maior parte de dos casos de abusos sexuais primeiro, non chegan ao sistema xudicial; segundo, o trato que reciben as vítimas é próximo ao horror, e hai informes bastante explícitos ao respecto; e na maioría dos casos, ademais tampouco se consigue chegar a unha situación de xustiza. Pero considero que iso non é o ideal, e que tamén é unha maneira de crear unha narrativa distinta sobre o que debería ser. (…)”

Entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí

Desde iria-misao Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar García Rego entrevista a Iria Misa, autora de Xa non estou aquí, obra gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016. Xerais acaba de publicar o libro, que ten como protagonista a Ánxela, unha moza que repite primeiro de bacharelato obrigada polos seus pais. A historia versa sobre as inseguridades típicas da adolescencia. Pode accederse á entrevista aquí.”

Pontevedra: presentación de A dúbida, de María Reimóndez

A María Reimóndezquinta feira 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29), en Pontevedra, preséntase A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. A autora estará acompañado no acto por Leticia Gómez e Isabel Pece (psiquiatra e psicóloga colaboradoras de AMINO.gal) e por Manuel Bragado.

Crónica videográfica das V Xornadas de Literatura e Ensino. Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016) (II)

Obanner-vxornliteraturaensinoaelg2016 15 de outubro tiveron lugar as V Xornadas de Literatura e Ensino, baixo o título de Cartografías do presente: a Literatura Galega do século XXI (2000-2016), organizadas pola AS-PG e a AELG, co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), en Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

–  Presentación da mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, por Mercedes Queixas:

Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Xosé Monteagudo:

Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Ledicia Costas:

Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”, con Xosé Duncan:

Mesa redonda “Ficcións narrativas para conquistar novos públicos”. Coloquio, con Xosé Monteagudo, Ledicia Costas e Xosé Duncan: