Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19

OFeira do Libro de Lugo 2016 xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.

Boiro: VI Romaría das Letras no Barbanza

Romaría das Letras no Barbanza 1Romaría das Letras no Barbanza 2

Cambados: presentación de Liquidación de existencias e Xeografías do deserto, de Ramón Caride

ORamón Caride venres 13 de maio, ás 20:00 horas, no Pazo Torrado, en Cambados, terá lugar a presentación dos libros Liquidación de existencias, publicado en Xerais, e Xeografías do deserto (libro CD), de Ramón Caride. No acto participan, xunto ao autor, Domingo Tabuyo, María Leyra e Manuel Bragado, e tamén contará coa actuación musical dos participantes en Xeografías do deserto: Ramón Núñez, Sito Suárez e Sara Caride.

Illa de Arousa: “Océano para Terrícolas”, espectáculo arredor de Contos do mar de Irlanda, con Xurxo Souto

O Xurxo Souto AELGvenres 13 de maio, a partir das 21:00 horas, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, Xurxo Souto protagoniza a performance interactiva Oceáno para terrícolas, baseada no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.