Entrevista
de Montse Dopico a Xavier Queipo en Praza:
“(…) – Praza (P): Sacas un libro ao cumprir 55 anos e pouco despois chega o premio do Ministerio á mellor tradución polo Ulises. Satisfeito co balance que podes facer ata agora da túa propia traxectoria como autor?
– Xavier Queipo (XQ): Ás veces non resulta doado adxectivar o estado de ánimo. Podo dicir que teño sentimentos encontrados, que como vectores turran en varias direccións a un tempo, con forzas antagónicas. Por unha banda sinto, dalgún xeito, que o premio é individualmente inmerecido e colectivamente xusto, como cómpre a un traballo que xa foi recoñecido a como “ben feito”. Por outra banda, a ledicia vése amolecida pola distancia da terra, polo afastamento dos agarimos, pola frialdade do mundo no que vivo. O balance da carreira é satisfactorio, por descontado, pois sinto que vou gañando de a pouco a pouco o respecto dos colegas e dos medios, do público en xeral e dos académicos. (…)
– P: Nun dos textos de 55 comentas que facerse maior é ser consciente dos propios límites. Fíxoche pensar niso o repaso do arquivo do ordenador para seleccionar os textos para o libro? Por que?
– XQ: Hai tempo escribín un pequeno ensaio sobre “o tamaño da ignorancia”, e como a consciencia da propia ignorancia é o auténtico síntoma que permite medir “o tamaño da sabedoría”. Coñecer os propios límites non é sinxelo, pois adoitamos vivir anestesiados polo propio “ego”, mais para iso están os amigos e os compañeiros de vida, para axudarnos a non gastar enerxías naquilo que non as merece.
A selección de textos para o libro tivo unha motivación múltiple. En primeiro lugar amosar a diversidade das distintas vías de traballo experimentadas, mais tamén rescatar textos agochados en publicacións inencontrábeis e aportar a frescura das últimas producións da factoría. Sinto que aínda me quedan por explorar moitas hipóteses de traballo e nesa confianza vivo. Quixen facer un alto e reflexionar. Só iso. (…)
– P: Tamén falas nese texto da emigración “non como condena histórica”, como unha especie de destino dun pobo. Por que cres que hai que mudar os discursos sobre a emigración galega?
– XQ: Hai xa uns anos escribín na revista Galegos un pequeno ensaio sobre a “(h)emigración”, con “h” para significar “hemi” de metade, para adxectivala como medio-emigración. Hoxe os emigrados/trasterrados podemos ler os xornais do noso país, falar por skype cos quen nos pete a centos de quilómetros de distancia, participar en debates por videoconferencia ou seguir cunha cámara o que está acontecendo nas rúas de Compostela. Nada que ver coa emigración transoceánica da que se regresaba ou non, onde a única comunicación era a chegada demorada de correo, ou coa emigración “europea” do século pasado, onde se había cartos se facía unha visita anual ao país para mostrar o ben que lles ía no estranxeiro.
A tipoloxía da emigración mudou tanto que o discurso paternalista/maternalista xa non vale. Un sae do país, agás contadas excepcións, por necesidade -sexa esta económica ou social-, mais o sufrimento, o afastamento e as condicións de semi-escravitude non son as mesmas. A emigración masiva, que tantas veces sufriu a nosa terra, débese a unha mala xestión dos recursos polas clases dominantes -fame e desemprego como caras da mesma moeda, a da explotación-. Está claro que se Inditex quixera non tiña que emigrar ninguén. (…)”
Arquivo da categoría: Narrativa
Vigo: presentación de As ilusións estrañas, de Antón Dobao
Allariz: I Festival do Poemagosto
Lugo: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
O
venres 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Dende o conflito, de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014. No acto, xunto á autora, participan María Solar e Manuel Bragado.
Betanzos: presentación de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras
A Coruña: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
Vigo: presentación de Sangue 12, de Cris Pavón
Lugo: Suso Lista será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL
O
xoves 13 de novembro a partir das 20:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Parque da Milagrosa), Suso Lista será o escritor protagonista da Cata Literaria, que presentará o seu libro Salseiros, publicado por Embora. Máis información, tamén sobre como adquirir as entradas, aquí.
Marín: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
xoves 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Marín, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, organizado pola Asociación Queremos Galego de Marín, será tamén unha homenaxe a Tomé de Raxó e na memoria de José Dopazo Posse e Benito Lobeira, navegantes de Marín na auga do Gran Sol.




